O vindeiro venres día 15, en horario de 18:30 a
20:00 horas, terá lugar na Biblioteca do CPI Cruz do Sar unha charla-reunión na que se
aportarán técnicas para mellorar a comunicación efectiva cos nosos fillos, titulada
polo relator :
COMO
CONSEGUIR QUE OS NOSOS FILLOS NOS ESCOITEN
Convidamos
a asistir ás familias con fillos e fillas no CPI Cruz do Sar e no CRA de
Bergondo, sexan ou non socias, a esta charla na que resaltamos a importancia do
relator D. Marcelo Castelo Rivas,
coa achega importante de ser o segundo ano consecutivo que está a compartir
horario cos titores da ESO no CPI Cruz do Sar.
Para
asistir a esta charla non é imprescindible asistir á asemblea previa
pero si sería recomendable, debido a que entre todos conséguense desenvolver
máis proxectos e novidades, ademais de solucionar calquera tipo de dúbida no
trascurso do labor da Xunta Directiva do APA AS MARIÑAS.
Agardamos
a vosa presenza.
Un
saúdo
Xunta
Directiva do APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario