jueves, 29 de junio de 2017

BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

PARTICIPA NO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. BENEFÍCIASTE TÍ, BENEFICIÁMONOS TODOS!


Estimados/as alumnos e familias:

A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.

O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2017/2018 no CPI CRUZ do SAR e que estean en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.

Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de primaria. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas.

Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA

Entregar os libros na oficina do APA:


Día 3 de xullo, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.

miércoles, 21 de junio de 2017

PREINSCRICIÓN actividades curso 2017/2018.

Estimadas familias:
Rematando este curso, empezamos a programar extraescolares do curso 2017-2018.
As novas actividades que se propoñen e a renovación das existentes obríganos, para unha eficaz planificación dos grupos e monitorado, a coñecer canto antes as vosas intencións.

            As actividades inícianse a partir dun número mínimo de alumnos inscritos (10)



PREINSCRICIÓN actividades curso 2017/2018.


DATA LÍMITE PARA ENTREGAR O PRESENTE DOCUMENTO 27 DE XUÑO DE 2017

- NA OFICINA OU BUZÓN DO A.P.A. AS MARIÑAS. Telf: 606 75 87 49 – 654 04 89 12

- NO CORREO ELECTRÓNICO DO APA AS MARIÑAS (anpa.asmarinas@gmail.com)

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. BOAS VACACIÓNS!!

3ª sesión do PROXECTO APPconXuntos 3.0

COMPRÁCENOS CONVIDARVOS Á XORNADA :

3ª sesión do PROXECTO APPconXuntos 3.0


TERÁ LUGAR UNHA CONFERENCIA IMPARTIDA POR MARCELO CASTELO que versará sobre :

 O éxito e o fracaso.
 As funcións da intelixencia e as intelixencias múltiples


.- Dirixido a : alumnado de 6º de E.P. e E.S.O., Mestres, pais, nais e titores

.- Día : Mércores 21 de xuño de 2017

.- Hora : 11.30 h. ate 13.30 h.

.- Lugar : Auditorio Edificio A Senra



A súa presenza no acto será sen dúbida moi valiosa, os temas tratados na conferencia poden ser do seu interese.


Agradecemos a súa presenza

martes, 20 de junio de 2017

Mensaje del CPI Cruz do Sar.


PREVISION FOLGA DE TRANSPORTE ESCOLAR: Teñen que vir recoller aos seus fillos à saida do comedor (Primaria às 3 da tarde e Secundaria 3:40 horas). Maña xoves a previsiòn é que tampouco haberà transporte escolar.

jueves, 15 de junio de 2017

Programa "Préstamo de libros de texto" Concello de Bergondo.




Concello de Bergondo: Convocatoria do programa "Axudas Xenéricas" durante o curso escolar 2017-18





Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2017-18



Admisión de alumnos/as en centros docentes sostenidos con fondos públicos.

Solicitude fora de prazo curso 2017/18.






Axudas para adquisición de libros de texto 2017/18 e Fondo Solidario.







Solicitud Comedor Escolar 2017/18

Entregar na Secretaría ata o 10 Xullo de 2017.