PARTICIPA
NO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. BENEFÍCIASTE TÍ, BENEFICIÁMONOS TODOS!
|
Estimados/as alumnos e familias:
A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS
DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás
familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo
de cada curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste
en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa
condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2017/2018 no CPI CRUZ do
SAR e que estean en bo estado. Os
libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo
a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos
mesmos por orde de solicitude.
Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros
de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de primaria. Cantos máis
libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o
número de familias beneficiadas.
Para ser beneficiario da
solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros
do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando
libros, e ser socio/a da APA
Entregar os libros na oficina do APA:
Día 3
de xullo, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario