jueves, 22 de noviembre de 2018

INTERPRETANDO EMOCIÓNS NO OBRADOIRO DE XOGOS

Obradoiro de "Xogos de Rol e Estratexia" os xoves de 15:30 a 16:30.

Hoxe estivemos traballando as emocións con “Ikonikus”.

O xogador que gaña a partida é quen mellor interprete as emocións do resto de compañeiros. Un xuíz plantexa preguntas que son contestadas con tarxetas que representan emocións e cuio significado é subxectivo e varible, é dicir, depende do contexto emocional.

Non hai respostas correctas ou incorrectas, todas son válidas, pero o xuíz decide cal é a icona que dá mellor resposta ao sentimento que lle provoca a situación plantexada.

E, aínda que o obxectivo principal destas tardes é o de pasar un bo rato e saber que hai vida máis aló das pantallas, como dicía C. “gañar mola” 😊 



miércoles, 21 de noviembre de 2018

RENOVACIÓN DO REPRESENTANTE DAS NAIS/PAIS NO CONSELLO ESCOLAR

As familias do CPI Cruz do Sar poderán votar ao seu representante no Consello Escolar o vindeiro luns, 26 de novembro entre as 14:15 e as 18:00 h.


Son electores as nais/pais ou titores legais (podendo votar os dous) do alumnado matriculado no centro e que figuren no censo que estará exposto no taboleiro de anuncios do colexio.


*Actualización: Juana María Tárano Villoria saíu elixida nestas votacións como a nova representante das familias no Consello Escolar.

Máis información neste enlace.




viernes, 16 de noviembre de 2018

ANPA "AS MARIÑAS" EN FACEBOOK

Por se aínda non o sabedes, a nosa asociación dispón dunha páxina en Facebook.

Neste espazo trataremos de informar das novas sobre as iniciativas que levan a cabo tanto a Anpa como o centro; actividades interesantes que se desenvolvan tanto no Concello de Bergondo como nos concellos ao redor; charlas, conferencias, obradoiros, exposicións, actividades lúdicas, culturais ou formativas que nos parezan de interés para as nosas asociadas e asociados, etc.

Podedes acceder á páxina neste enlace.





Tamén nos gustaría que se convertera nun lugar onde poidamos interactuar e onde as familias nos acheguedes suxerencias e propostas de todo tipo, co obxectivo de crear unha Comunidade Educativa comprometida e aberta ao diálogo e á calquera tipo de acción encamiñada a mellorar a educación e o benestar emocional das nosas fillas e fillos. 

En caso de estar interesados en seguirnos por esta vía, e dado que o algoritmo de facebook cada vez pon máis difícil que as publicacións cheguen aos seguidores das páxinas se non é previo pago, suxerímosvos estos pasos para estar ao tanto das nosas actualizacións:


- Dar a "Me gusta".
- Dende aquí podedes acceder a un menú despregable. Se seleccionades “Ver primeiro” e activades as notificacións é máis doado que vos podan chegar as publicacións da páxina.





Se, ademais, coñecedes a outras nais, pais, avós, tíos… que puideran estar interesados na vida do centro e os tedes entre os vosos contactos de Facebook, podedes mandarlles unha invitación para que se suscriban á páxina. Esto tamén axudaría  á difusión das nosas publicacións, dado que as páxinas con máis seguidores teñen máis posibilidades de ver espalladas as súas novas. Lamentablemente, é a ditadura do like...

Podedes facelo de dous xeitos:


1. Baixo a imaxe da portada, e no mesmo menú do "Me gusta", hai tres puntos suspensivos. É un menú despregable onde, entre outras opcións, está a de "Invitar a amigos". Aparecerá un listado dos teus contactos e podes seleccionar a aqueles que teñan relación co centro, ou que poidan estar interesados nas novas que publicamos, e enviarlles a invitación.







2. No lateral dereito da páxina, hai un apartado máis visible para “Invitar a amigos”.





GRAZAS!

jueves, 8 de noviembre de 2018

OBRADOIRO DE XOGOS DE ESTRATEXIA E ROL

Os xoves pola tarde estase a desenvolver un Obradoiro de xogos de estratexai e rol


Comeza ás 15:30 h., é gratuito e poden participar nel todas as rapazas e rapaces interesados en divertirse un anaquiño. 


A semana pasada tratamos de desfacernos dos VIRUS máis letais, pasándollos aos nosos contrincantes, para acadar así o órgano máis san 🌡  💊  💉


Este próximo xoves intentaremos descubrir aos HOMES-LOBO que se esconden entre os habitantes da aldea de Castronegro 🐺🐺🐺🐺



jueves, 1 de noviembre de 2018

Actividade de piscina (2 de novembro)

NOTA PARA OS USUARIOS DA ACTIVIDADE DE PISCINA:

Este venres, 2 de novembro, levarase a cabo a actividade pero non haberá servicio de autobús. As familias deben levar as nenas e nenos pola súa conta.


Os inscritos na actividade poden ir co seu grupo e na hora habitual. 

viernes, 5 de octubre de 2018

PAGO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-2019

Poñemos no voso coñecemento as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES previstas para o curso 2018/2019.

Para poder acceder ás actividades é necesario entregar o impreso de inscripción de socio, debidamente cuberto e asinado, amais de ter feito o ingreso da cuota anual por familia de 20 euros.

Igualmente, infórmase que as cuotas por actividade deberanse aboar mediante ingreso/transferencia bancaria, sempre no mes en curso ou por adiantado, nunca a mes vencido no seguinte número de conta:

ABANCA ES41 2080 0045 9230 4000 1481


Mantense o desconto do 20% nas cuotas das actividades para as familias numerosas que o acrediten tal condición mediante a presentación do título en vigor.



No cadro podedes comprobar as TARIFAS segundo a actividade elixida.


martes, 4 de septiembre de 2018

BANCO DE LIBROS

O banco de libros da APA AS MARIÑAS abre as súas portas de novo.

Xoves 6 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Luns 10 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00 h.

O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2018/2019 no CPI CRUZ do SAR deberán estar en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.

Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de Educación Primaria, os que entreguen libros ao banco terán prioridade para retirar os libros que precise no vindeiro curso, farase por orde de inscripción. Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA.

sábado, 1 de septiembre de 2018

GRAZAS!!!




Damos a benvida a todas aquelas familias interesadas en colaborar dende a asociación ou facéndose socias. A quenes teñades dúbidas ainda estades a tempo!!!

jueves, 30 de agosto de 2018

HORARIO DAS ACTIVIDADES PARA O CURSO 2018-2019

Bos días!

Este é un adianto da actividades para o curso 2018/2019.

Co inicio do curso, o alumnado levará para casa o horario definitivo e a folla de inscripción para que as familias poidan facerse socias da ANPA, sendo esta unha condición indispensable para formalizar a inscripción ás actividades.

Como se indica no horario, aínda cabe a posibilidade dalgunha modificación nas horas nas que se levan a cabo as actividades ou na organización das mesmas.

Moitas grazas.