lunes, 9 de abril de 2018

AECC- Bergondo Charla-Coloquio Sobre cáncer de prostata.


Teoría y práctica para luchar contra la velutina en el Concello de Bergondo.

En la jornada los participantes aprenderán a fabricar sus propias trampas.

El próximo martes, 10 de abril, el Concello de Bergondo organiza una jornada formativa para que los vecinos conozcan las técnicas básicas para luchar contra la avispa velutina. La actividad, titulada ‘Failles fronte’, tendrá lugar en la Casa de la Cultura a las 19 horas y estará impartida por el coordinador de Protección Civil del Concello de Cambre, José Manuel Varela.

Los participantes recibirán una serie de nociones teóricas sobre los métodos más adecuados para combatir a esta especie invasora y además también habrá una parte práctica en la que Varela, especialista en velutinas y retirada de nidos, explicará cómo hacer una trampa, para lo que es necesario que los asistentes lleven una botella grande de plástico.

Con esta jornada el Concello de Bergondo pretende que los propios vecinos no estén indefensos cuando los nidos se instalan cerca de sus hogares y que, a la vez, ayuden a proteger su municipio. La asistencia es libre hasta completar aforo.


viernes, 9 de marzo de 2018

Novos prezos de carnés dirixidos á mocidade



No DOG do 4 de xaneiro publícase a modificación dos prezos de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


Carné Xove

Que é o carné xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus fillos/as.
Documentación para facer o carné xove: Tes que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)




Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos.



A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
2. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Prazo de presentación ata 21/03/2018


miércoles, 20 de diciembre de 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimados pais:

Todos os pais e nais socios do APA AS MARIÑAS, estades convidados a unha “XORNADA DE PORTAS ABERTAS” para ver as diferentes actividades extraescolares realizadas neste curso.

A continuación, detallámosvos a organización das xornadas:

Mércores 20 e xoves 21 do presente mes e ano imos facer xornada de portas abertas nas seguintes  actividades : .- Taekwondo .- Xadréz .- Danza coreográfica .- Ximnasia acrobática .- Fútbol .- Baloncesto .- Robótica

Rogamos confirmedes asistencia nos teléfonos do APA para facilitar a organización a cada monitor/profesor e á directiva.

Non se permitirá interferir o discorrer de cada clase.

Cada familia pode estar presente na actividade que está a pagar mensualmente.


Esperámosvos.

jueves, 14 de diciembre de 2017

Aviso usuarios piscina: Xornada de portas abertas na piscina de Sada.

Recordamos que mañá venres día 14 de decembro realizarase unha XORNADA de PORTAS ABERTAS na piscina de Sada, para as familias do alumnado do CPI Cruz do Sar / CRA inscrito nesta actividade extraescolar da APA. 

Invitamos a tódalas familias que queiran ver o que están a aprender os pequenos e disfrutar cos seus progresos e actividades.

Deberán traer calzado adecuado para acceder ás instalación.


Recordamos que mañana Viernes 15, será el último día de clase de piscina,ya que el proximo día 22 los niños no tienen actividades

Las clases se reiniciarán a partir del viernes 11 de Enero de 2018.

lunes, 11 de diciembre de 2017

Enhorabuena a los premiados del IV Concurso de Postales de Navidad del Concello de Bergondo.


 
Emma Castro da Escola de Lubre - Categoría Educación Infantil. 
Lucía Otero Queiruga - Categoría Educación Primaria 1º, 2º e 3º. 
Tomás Veira Quiñones - Categoría Educación Primaria 4º, 5º e 6º. 
Iria Cano Fariñas - Categoría Educación Secundaria e bacharelato.






COMO CONSEGUIR QUE OS NOSOS FILLOS NOS ESCOITEN

O vindeiro venres día 15, en horario de 18:30 a 20:00 horas, terá lugar na Biblioteca do CPI Cruz do Sar unha charla-reunión na que se aportarán técnicas para mellorar a comunicación efectiva cos nosos fillos, titulada polo relator :

COMO CONSEGUIR QUE OS NOSOS FILLOS NOS ESCOITEN


Convidamos a asistir ás familias con fillos e fillas no CPI Cruz do Sar e no CRA de Bergondo, sexan ou non socias, a esta charla na que resaltamos a importancia do relator D. Marcelo Castelo Rivas, coa achega importante de ser o segundo ano consecutivo que está a compartir horario cos titores da ESO no CPI Cruz do Sar.

Para asistir a esta charla non é imprescindible asistir á asemblea previa pero si sería recomendable, debido a que entre todos conséguense desenvolver máis proxectos e novidades, ademais de solucionar calquera tipo de dúbida no trascurso do labor da Xunta Directiva do APA AS MARIÑAS.

Agardamos a vosa presenza.

Un saúdo


Xunta Directiva do APA AS MARIÑAS

CONVOCATORIA ORDINARIA A ASEMBLEA

Pola presente convócase aos socios da Asociación APA AS MARIÑAS  á Asemblea ordinaria o vindeiro venres día 15 de decembro de 2017 ás 17:00 horas en primeira convocatoria, 17:30 en segunda convocatoria, na Biblioteca do CPI Cruz do Sar para tratar a seguinte


ORDE DO DÍA:


1.- Lectura e aprobación da acta anterior.

2.- Informe tesourería e aprobación de contas se procede.

3.- Informes da Xunta Directiva e Presidencia.

4.- Programación de Actividades a realizar no curso 2017/18. Propostas e aprobación se procede.

5.- Aprobación se procede de necesidades actuais da organización e xestión nas actividades extraescolares.

6.- Posibilidade de incorporación de novos membros á Xunta Directiva ou pais/nais colaboradores. Aprobación se procede.

7.- Rolda de intervencións, preguntas e suxestións.



Asdo. A presidenta
María José Ferreño Precedo




A Coruña, 5 de decembro de 2017.