miércoles, 14 de diciembre de 2016

“XORNADA DE PORTAS ABERTAS” para ver as diferentes actividades extraescolares realizadas neste curso.

Estimados pais:
Todos os pais e nais socios do APA AS MARIÑAS, estades convidados a unha “XORNADA DE PORTAS ABERTAS” para ver as diferentes actividades extraescolares realizadas neste curso.
A continuación, detallámosvos a organización das xornadas:

.- XOVES 15 :
ROBÓTICA, na aula de informática do edificio C

.- VENRES 16 :
PISCINA en Sada
ATLETISMO, no pavillón do CPI Cruz do Sar

.- SÁBADO 17 DECEMBRO:
ESCOLA DE MÚSICA MODERNA : Concerto no auditorio de A Senra ás 12:00 h. (público en Xeral con entrada gratuita)

.- LUNS 19 :
PATINAXE, no pavillón do CPI Cruz do Sar

.- MARTES 20  :
FÚTBOL SALA, no pavillón do CPI Cruz do Sar
XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA, no pavillón do CPI Cruz do Sar
PATINAXE, no pavillón do CPI Cruz do Sar

.- MÉRCORES 21  :
XADRÉZ, na aula do edificio C
BALONCESTO, no pavillón do CPI Cruz do Sar
TAEKWONDO, no ximnasio do edificio de A Senra
INGLÉS, na aula de inglés do edificio C
PATINAXE, no pavillón do CPI Cruz do Sar

Mantemos os horarios de actividades no que asistirá o alumnado e os familiares dos rapaces inscritos en cada actividade extraescolar, non é necesario confirmar asistencia.
Rogamos non interrumpir o desenrolo da actividade.  
Esperámosvos.


martes, 8 de noviembre de 2016

III Concurso de guións contra a violencia de xénero

Deputación Provincial da Coruña quérese a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga.

BOP:  nº 210 do 7 de novembro de 2016
+ Info enlaces: BASES ,  WEB


lunes, 7 de noviembre de 2016

Circular sobre elección de representantes de pais/nais no Consello Escolar

Consello Escolar (Composición e vacantes)

3 Pais/nais de alumnos (1 deles proposto/a pola APA máis representativa) (1 vacante)
3 Representantes do alumnado (·º e 4º de ESO) (3 vacantes)
Os menbros do Concello escolar son elixidos por 4 anos e renóvanse parcialmente cado dous. Neste curso compre facer una renovación de acordó coa lexislación vixente.


O prazo de presentación de candidaturas será do 4 ao 11 de novembro(ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. A súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14:00 horas (luns e mates ata as 18.00).

Para ver:




domingo, 23 de octubre de 2016

Folga xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.


                                                       Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de AMPAs


CIRCULAR PARA AS ANPAS E AS FAMILIAS SOBRE A FOLGA EUCATIVA E BALEIRADO DE AULAS DO 26 DE OUTUBRO.

O vindeiro 26 de outubro convocamos unha folga xeral educativa contra as revalidas, contra a LOMCE e contra os recortes en educación que vimos sufrindo os últimos anos. Dita folga consistirá en baleirar as aulas de todos os centros educativos do país.

A convocatoria é conxunta cos nosos fillos e fillas, alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes impostos, atacando así o seu dereito á educación.

Presentáronse un bo número de recursos ante os tribunais; a nosa organización tamén os presentou xunto con CEAPA na AudIiencia Nacional, a quen solicitamos a suspensión cautelar do Real Decreto das reválidas publicado no BOE o 30 de xullo pasado. Estamos á espera do pronunciamento de dita instancia xudicial porque, de non se realizar a suspensión cautelar solicitada, as reválidas continuarán en vixencia e, chegada a data se non hai derrogación expresa terán que realizarse.

Algunhas Comunidades Autónomas xa anunciaron, ademáis de presentar recursos, que non farán as reválidas a final de curso. Iso, agás que se anulen legalmente, será imposible. As Administracións Educativas autonómicas están obrigadas á súa realización e, de seguir vixentes o día que se marque no calendario escolar, teranse que facer para non cometer posibles delictos polo incumprimento dunha norma de carácter básico.

Desde que se impuxo a LOMCE, asistimos tamén á aprobación reiterada de proposicións non de lei (PNL) e a resolucións que piden unha e outra vez a súa derrogación, a paralización do seu calendario e a eliminación das reválidas. Todo isto é moi importante para amosar que o rexeitamento da lei e específicamente das reválidas, é maioritario, mais carece de forza legal que poida obrigar ao Goberno a súa anulación.

Os pais e as nais non queremos, nin debemos, quedar cruzados de brazos pensando que serán outros os encargados de que as probas non se realicen, porque seguramente rematarán pedindo desculpas por non facer outra cousa que realizalas aínda que recalcando que “fixeron todo o posible por evitalo pero non teñen competencia para eliminalas”. Non podemos tampouco esperar a que os tribunais, agás que nos concedan a suspensión cautelar, anulen o Real Decreto de reválidas e as paralicen. Nin cabe esperar as actuacións dun Congreso que leva supeditado a un goberno en funcións cáse que un ano.

Debemos actuar e actuamos. Por iso convocamos a folga o día 26 de outubro e chamámosvos a secundala baleirando as aulas de todas as etapas do ensino. Defendamos os dereitos dos nosos fillos e fillas, sobre todo porque eles non poden defendelos agora debido á súa idade. De non facelo nós, preparade unha boa resposta cando vos digan: ¿e tí mentres que facías?

Sabemos que as familias que teñen fillos e fillas que aínda ven lonxe as reválidas pensarán que isto vai coas familias de quen máis perto as teñen. Non vos trabuquedes. Se só somos quen de movernos cando a ameaza cae directamente sobre nós, non poderemos esperar que os demáis nos axuden cando iso suceda. Ademáis, como a vida pasa máis rápido do que pensamos, axiña vos atoparedes na situación que hoxe vedes tan lonxana. Debemos actuar todos.

Folga xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.