lunes, 13 de junio de 2016

Programa de préstamo de libros de texto del Concello de Bergondo.


Poderán acollerse os/as estudantes empadroados/as no Concello de Bergondo, que cursen os seus estudos no C.P.I Cruz de Sar.

O/s libro/s son propiedade do concello, deixándose aos/as alumnos/as durante o curso escolar. Será de aplicación nos seguintes cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e 1º,2º,3º e 4º de secundaria

Prazo de solicitude (na Casa de Cultura):
  • ·        Do 20 de xuño ao 1 de xullo.
  • ·     Do 9 ao 13  de setembro para os/as que, no prazo anterior, descoñecen se pasan de curso

No momento da solicitude será requisito imprescindible facer entrega do/s libro/s de préstamo que tedes, correspondentes ao actual curso escolar 2015/2016. Deberán ser entregados en perfectas condicións (sen forros, subliñados, anotacións, etc.).

Excepción: Os/as alumnos/as aos que lle quede a materia pendente para setembro, poderán quedar co/s libro/s, pero deben facelo constar no momento da solicitude e unha vez realizado o exame, deixalo na Casa da Cultura (o máis axiña posible e ata como máximo o 8 de setembro).

·        Cando saberemos o/s libro/s que se van entregar e polo tanto, non teremos que mercar. A partires do 26 de xullo.

Prazo de recollida do/s libro/s para o curso 2016-2017:
  • ·  Para os que soliciten no primeiro prazo: do 28 de xullo ao 12 de agosto  (entregaranse por orde de chegada de forma que, no caso de que se esgoten, poderán quedar pendentes de entrega ata o mes de setembro).
  • ·        Para os que soliciten en setembro: comunicarase no momento da solicitude. 
  • ·        Lugar de recollida: Casa da Cultura.
+ info Concello de Bergondo

Concello de Bergondo: Axudas xenéricas para el curso escolar 2016 / 2017: Afecta a 1º e 2º de primaria.

Programa de axudas xenéricas: Afecta a 1º e 2º de primaria.
A través deste programa, entrégase un libro, que pasa a ser propiedade do/a alumno/a (ao ser libros nos que se ten que escribir, non poden ser de préstamo). 

Prazo e lugar de solicitude: do 20 de xuño ao 1 de xullo de 9.00 a 14.30, na Casa da Cultura.
·        Cando saberemos o libro que se vai entregar e polo tanto, non teremos que mercar. A partires do 26 de xullo.

·        Prazo de recollida do libro para o curso 2016-2017:
Do 28 de xullo ao 12 de agosto (haberá que asinar o modelo de delegación de pago)

Lugar de recollida: Casa de Cultura.

+ info Concello de Bergondo



martes, 7 de junio de 2016

FESTA FIN DE CURSO E PECHE DAS ACTIVIDADES

Moi importante:
O día da festa os responsables dos menores serán os seus país/titores ou persoas nas que deleguen.
Entregar no CPI Cruz doSar ata o 10 de xuño folla solicitud vale para a comida.




AXUDAS DE LIBROS - MATERIAL remata o 23 de xuño.

Fondo solidario de libros de texto,  axudas para adquirir libros de texto e axudas para adquirir material escolar, remata o 23 de xuño.


lunes, 30 de mayo de 2016

Martes, día 31 de maio, rematan as actividades extraescolares que organiza este Apa neste curso.


 Rógase encarecidamente a tódolos socios que teñan pendente o pago dalgunha mensualidade, efectúen, o máis axiña posible, o seu abono. Igualmente, se tedes algunha dúbida sobre o estado deses recibos podédelas resolver na oficina do Apa ou por correo electrónico.

Lembrámosvos que no mes de xuño a oficina do APA permanecerá pechada, e a partir do mércores 1 os pagos que queden pendentes faranse por ingreso ou transferencia bancaria (o nº de conta o podedes atopar no blog da APA )


Nas semanas seguintes a directiva do Apa traballará en preparar a asemblea ordinaria que se celebrará no mes de xuño, e en organizar as exhibicións da festa de fin de curso, na que como sabedes colaboramos activamente, faránse algunas horas de ensaio para as exhibicións de fin de curso, actividades para o vindeiro curso, presupostos, etc...

Aproveitamos a ocasión para agradecervos, unha vez máis, a confianza que tedes na xunta directiva.

Un cordial saúdo,

Xunta directiva APA AS MARIÑAS

lunes, 23 de mayo de 2016

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

ABERTO PRAZO DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PUBLICOS.

Beneficiarios:
Alumnado matriculado en niveis obrigatorios de ensino en centros sostidos con fondos públicos.

Plazo de presentación: 17/05/2016 – 23/06/2016.

Más información XUNTA