lunes, 13 de junio de 2016

Programa de préstamo de libros de texto del Concello de Bergondo.


Poderán acollerse os/as estudantes empadroados/as no Concello de Bergondo, que cursen os seus estudos no C.P.I Cruz de Sar.

O/s libro/s son propiedade do concello, deixándose aos/as alumnos/as durante o curso escolar. Será de aplicación nos seguintes cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e 1º,2º,3º e 4º de secundaria

Prazo de solicitude (na Casa de Cultura):
  • ·        Do 20 de xuño ao 1 de xullo.
  • ·     Do 9 ao 13  de setembro para os/as que, no prazo anterior, descoñecen se pasan de curso

No momento da solicitude será requisito imprescindible facer entrega do/s libro/s de préstamo que tedes, correspondentes ao actual curso escolar 2015/2016. Deberán ser entregados en perfectas condicións (sen forros, subliñados, anotacións, etc.).

Excepción: Os/as alumnos/as aos que lle quede a materia pendente para setembro, poderán quedar co/s libro/s, pero deben facelo constar no momento da solicitude e unha vez realizado o exame, deixalo na Casa da Cultura (o máis axiña posible e ata como máximo o 8 de setembro).

·        Cando saberemos o/s libro/s que se van entregar e polo tanto, non teremos que mercar. A partires do 26 de xullo.

Prazo de recollida do/s libro/s para o curso 2016-2017:
  • ·  Para os que soliciten no primeiro prazo: do 28 de xullo ao 12 de agosto  (entregaranse por orde de chegada de forma que, no caso de que se esgoten, poderán quedar pendentes de entrega ata o mes de setembro).
  • ·        Para os que soliciten en setembro: comunicarase no momento da solicitude. 
  • ·        Lugar de recollida: Casa da Cultura.
+ info Concello de Bergondo

No hay comentarios:

Publicar un comentario