Lembramos ás familias socias da Apa “As Mariñas” que as actividades extraescolares rematan este mes de maio.
Confiamos que fora do agrado de todos o traballo das nais voluntarias da asociación, que xestionan a organización e coordinación de 18 grupos distintos que suman máis de 300 nenas e nenos e á fronte dos cales están 16 monitores.
Teatro (7 grupos)
Danza coreográfica (2 grupos)
Patinaxe (3 grupos)
Fútbol sala (2 grupos)
Xadrez
Taekwondo
Atletismo
Piscina
Ás actividades extraescolares hai que sumar a participación no Consello Escolar do centro, no Consello Escolar Municipal e no Consello Escolar do CRA de Bergondo.
Así como:
- Xestión da Escola de Música.
- Xestión do servizo de Amenceres.
- Colaboración no funcionamento diario do comedor.
- Xestión do servizo de autobuses das actividades extraescolares e acompañantes dos mesmos.
- Xestión do Banco de Libros.
Sen esquecer a participación en calquera das incidencias que xurden no centro ao longo do curso, á fin de colaborar no bo funcionamento do mesmo.
Pensamos que con máis recursos humáns poderíamos levar adiante aínda máis proxectos que enriquezan a convivencia e as aprendizaxes no centro, pero para isto necesitamos da colaboración de novos socios voluntarios.
Estaremos encantadas de abrir as nosas portas a todos aqueles que queiran colaborar cara ao curso que ven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario