jueves, 30 de mayo de 2019

ESCOLA DE TEATRO CRUZ DO SAR

Nun tempo en que cada vez se demonizan máis as actividades extraescolares, dende a Apa “As Mariñas” estamos orgullosos de ter procurado un tempo y un espazo que, non só facilite a conciliación da vida familiar, senón que ademais aporte ás nosas rapazas e rapaces todo aquelo ao que o currículum oficial non é capaz de chegar.

Sempre procuramos que as actividades non fosen un simple “aparcadoiro” de cativos, senón un espazo de lecer, aprender e medrar xuntos. 

Comprácenos especialmente o ter creado e asentado unha ESCOLA DE TEATRO que se vai consolidando curso tras curso e que logrou á fidelidade do alumnado ata o final da súa etapa educativa no centro. Isto é importate porque resulta frecuente que a maioría dos rapaces e rapazas vaian abandoando o tempo que dedican ao deporte, á arte e aos hobbys ao chegar á Educación Secundaria, precisamente nunha etapa onde tan necesarios son.

Queremos agradecer ás 75 actrices e actores da nosa Escola de Teatro a súa paixón e toda a arte que nos regalan. E vaia dende aquí o noso especial agradecemento aos profesores que fan posible esta maravillosa Escola: Alba, Nacho e Tone.



🎭 SAÚDE E TEATRO!! 🎭









1 comentario:

  1. Parabéns polo voso maravilloso empeño! O Teatro é un ben necesario, un valioso instrumento da educación e unha ferraenta idónea para aprender a amar a vida e a concordia. Saúde e Teatro!

    ResponderEliminar