martes, 22 de septiembre de 2015

PAUTAS PARA FACILITARNOS A ORGANIZACIÓN E BO FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN E SINALAMOS AS SEGUINTES PAUTAS PARA FACILITARNOS A ORGANIZACIÓN E BO FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
NO PRESENTE CURSO:


1.- Se algún alumno,-a ten necesidade de modificar o seu horario deberá avisar aos membros da xunta directiva da APA que estén ese día na oficina da Asociación e o traerá por escrito.

2.- Calquera nai ou pai que necesite modificar o horario de recollida do alumnado inscrito nas actividades extraescolares deberá pasar previamente á recollida do seu fillo,-a pola oficina da APA para comunicalo.

3.- Coa finalidade de localizar dun xeito urxente ás familias usaremos o primeiro teléfono que nos conste na ficha de inscrición

4.- Durante as horas destinadas á impartición das actividades extraescolares (no edificio de A Senra, no pavillón do CPI ou no edificio C do Colexio) non se permitirá estar presentes aos pais ou nais no lugar destinado a cada actividade.

5.- O alumnado que non utilice o servizo de transporte escolar será recollido obrigatoriamente na zona interior do CPI próxima ao portalón, previo aviso ao monitor da súa actividade.

6.- Os rapaces que vaian nos autobuses que saen ás 17:15 h. deberán entregar unha autorización, que se lle facilitará na oficina da APA, para comunicar a persoa que o recolle na súa parada sempre que non sexan os seus pais.
As paradas serán as mesmas establecidas para os cursos anteriores

7.- NUNCA se deixará un neno ou nena só na súa parada, caso de non haber ninguén para recollelo voltará no mesmo autobús para o Colexio e deberase vir a recoller polos pais ou persoa autorizada

8.- Os rapaces ou rapazas que teñan que utilizar a biblioteca deberase avisar, sempre antes de que marche do Colexio, ao mestre de garda ou aos membros de xunta directiva da APA que estén na oficina.

9.- Contamos coa axuda das persoas colaboradoras do comedor única e exclusivamente para coidado e vixiancia do alumnado que se queda no CPI despois de xantar no comedor.
O alumnado que non sexa usuario do comedor do CPI e sexa deixado no Colexio antes do seu horario de actividades, a responsabilidade é asumida íntegramente polos seus pais, nen a APA AS MARIÑAS nen o CPÌ Cruz do Sar asume responsabilidade algunha neste marxe de horario para éste alumnado. Deberanse traer á hora de cada actividade non antes.

 10.- NUNCA deberá abandonar a actividade nengún neno ou nena sen avisar ao seu monitor, monitora ou mestre de garda.
E os inscritos nunha actividade que desexen cesar na mesma deberán avisar con quince días de antelación.


Este curso temos moitos cambios positivos que inclúen, entre outros, unha maior especialización nas titulacións académicas dos nosos monitores, para mellorar a calidade necesitamos que nos aportedes as vosas opinións.
Agradecemos a vosa colaboración para o cumprimento destes puntos que consideramos importantes e facilitarán o desenrolo e organización das actividades extraescolares.


Bergondo a 18 de setembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario