Polo presente poñemos no voso
coñecemento as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES previstas para o curso 2015/2016,
que, como sempre, empezarán o día 1 de outubro e finalizarán o
próximo 31 de maio de 2016.
Se estades interesados nalgunha/s
delas, pregámosvos devolvádenos cumprido á maior brevidade posible este
documento porque, entre outras cuestións, o Concello ten que dar a alta a cada
nen@ no seguro de accidentes que nos formaliza de forma gratuíta. Precisamente
o tema do seguro é tan importante que ningún neno/a poderá asistir a
actividade/s se non entregou no APA o impreso de inscripción de socio, debidamente cuberto
e asinado.
Igualmente, infórmase que ás
cotas por actividade poderanse aboar directamente na oficina do APA ou mediante
ingreso/transferencia bancaria en Abanca.
Para facilitar a xestión
económica os socios que o desexen poderán facer os pagamentos conforme ao
calendario que se acorde; por suposto se nalgún caso se abandonase a actividade
se devolverá/n ás mensualidade/s adiantada/s.
Mantense o desconto dun 20% nas
cuotas das actividades e socio das familias numerosas que acrediten tal
condición mediante a presentación do título acreditativo en vigor.
Moitas grazas pola vosa
colaboración,
(non
esquenza entregar firmada no APA a “ficha de inscripción de soci@s”)
Cuota de Socio: 10€ por familia.
Imprimir o ver AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario