jueves, 22 de mayo de 2014

Teatro

Interesantísima comedia, interpretada por unha gran compañía e con unha espectacular posta en escea.
Ademais, coa nosa asistencia colaboraremos coa excursión do alumnado de 4º da ESO do noso CPI a Roma no vindeira mes de xuño.


A que queredes mais información?, ahí vai ... !!!:


A COMPAÑÍA DE TEATRO NOITE BOHEMIA,
composta por artistas moi xóvenes, estudantes do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, nos presenta a comedia :

 ANFITRIÓN: EL NACIMIENTO DE HÉRCULES
   Lugar : Auditorio de A Senra
   Día : Venres 23 de maio, a las 20:00 horas
  Importe entrada : 3 Euros

  Unha comedia de Plauto que foi estreada fai tres meses no teatro Colón da Coruña, e na que predomina un diálogo con constantes e divertidas referencias as problemáticas que están sucedendo na sociedade actual.

 Os 21 rapaces e rapazas nos presentan esta obra, ambientada nun clásico latino de Plauto pero que a trasladan aos nosos días nun derroche de orixinalidade e de comedia.

 Queremos agradecer a don Javier Fernández Mariño, director da compañía, que veña a apoiar a causa pola que se fai esta obra de teatro. O seu grande esforzo e o montaxe espectacular fará que se encha o noso auditorio, igual que os demáis teatros nos que fan as súas representacións este grupo de adolescentes.

 O importe total recaudado coas ventas das entradas está destinado a sufragar o importe da viaxe cultural a Roma de fin de curso dos alumnos e alumnas de 4º da ESO do CPI Cruz do Sar de Bergondo.

 Agardamos que se encha de público o auditorio de A Senra para pasar unha hora moi divertida.

Vémonos no auditorio!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario