martes, 13 de mayo de 2014

Concurso

CONCURSO
¡¡¡ DESEÑA A MASCOTA DO APA As Mariñas !!!!


OBXECTIVO DO CONCURSO

O obxectivo do concurso é que os alumn@s soci@s participen no diseño da nosa imaxe externa, debuxando unha mascota que nos represente e que sexa O LOGOTIPO do APA AS MARIÑAS.


BASES DO  CONCURSO

O concurso está dirixido alumn@s soci@s do APA As Mariñas, dende 3º de Educación infantil ata 4º ESO.
1.    Cada alumn@ poderá concursar con UN ÚNICO deseño.
2.    O tamaño das obras debe ser en formato DINA4 e no seu reverso, deberán figurar os datos persoais do autor (nome, apelidos, idade e curso)
3.     Tódalas obras finalistas serán expostas na semana previa ás vacacións de verán e durante a festa de fin de curso, como agradecemento a tódolos participantes.
4.     A mascota gañadora será utilizada en todas as actividades relacionadas co  APA: documentos, camisetas, pancartas, pegatinas…

XURADO
·         O xurado estará composto por sete membros: 2 profesores, 2 representantes dos alumnas/os (primaria y secundaria), 1 nai ou pai, 1 membro da xunta directiva do APA e o director do colexio.
·         O fallo do xurado faráse público no blog da APA o martes 27, previa comunicación ao gañador/a.


PRAZO DE PRESENTACION DE TRABALLOS

Prazo de presentación: dende o mércores 14 ao xoves 22 de maio.

Entrega dos debuxos : a Belén (comedor), no buzón do APA ou en secretaría.


PREMIOS


O premio será un vale por 80 Euros para canxear nas actividades extraescolares do curso 2.014-2.015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario