martes, 10 de diciembre de 2013

Comunicado para os usuarios de Piscina

1.- O vindeiro venres día 13 realizarase unha XORNADA de PORTAS ABERTAS na piscina de Sada, para as familias do alumnado do CPI Cruz do Sar inscrito nesta actividade extraescolar da APA. Invitamos a tódalas familias que queiran ver o que están a aprender os pequenos e disfrutar cos seus progresos e actividades. Deberán traer calzado adecuado para acceder ás instalación.

 2.- O venres día 20 en piscina como anticipo as vacacións de Nadal haberá unha pequena variedade nas clases posto que terán unha tarde de actividades totalmente lúdicas na que os rapaces e rapazas poderán divertirse. Mantemos o horario habitual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario