martes, 10 de diciembre de 2013

Clases de alemán

ALEMÁN no CPI CRUZ DO SAR
 
Iniciamos as clases semanais de alemán neste mes de novembro. Están dirixidas especialmente para o alumnado que cursa a ESO aínda que, seguindo as indicacións da mestra, permítesenos facer un grupo cos alumnos de ciclos superiores da primaria.
 
Alemania estase impoñendo como o principal socio de negocios para a mayoría dos estados europeos. Todos sabemos que a capacidade de expresarse en alemán aumenta as posibilidades de traballar con empresarios da terceira potencia maior a nivel industrial, un dos aspectos que pensamos para os nosos alumnos da ESO.
 
Pretendemos que falen alemán o que fará que amplíen as súas futuras oportunidades laboráis e de investigación científica.
 
Aprender alemán non é máis complexo que aprender inglés, francés, galego ou español. Xa puidemos comprobar, sorprendidos, como saíron falando alemán dende a primeira clase do pasado mércores.
A nosa esperanza é facer dous grupos de idades de primaria e da ESO, de momento estamos satisfeitos coa boa acollida por parte dos inscritos nesta actividade. Non aceptamos máis de 12 alumnos por grupo para axilizar e facilitar a calidade da ensinanza deste idioma, si se excedese este cupo pasarían a lista de espera igual ao que estamos facendo en piscina, patinaxe, ...
 
Queremos agradecer ás familias que secundaron a nosa idea e animar ás que desexen introducir aos seus fillos e fillas neste idioma para que os anoten, recordando que o custe é de 15 euros mensuais.
 
 Alemán Xoves 15:30 a 17:00 h. 15€ mensuais

No hay comentarios:

Publicar un comentario