miércoles, 6 de noviembre de 2013

Réxime de axudas a centros privados concertados da Comunidad Autónoma de Galicia para atención ao alumnado con necesidades especificas de apoio educativo para o curso 2013-14

Ver o imprimir

DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42693
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 24 de outubro de 2013 pola que se regula o réxime de axudas a
centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a
atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o
curso 2013/14.

O capítulo I do título II, relativo ao alumnado con necesidades específicas de apoio
educativo, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións
educativas disporán os medios necesarios para que todo o alumnado acade o
máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, así como os obxectivos
establecidos con carácter xeral nesta lei. De igual maneira, especifica a igualdade de criterios
para a determinación de recursos entre os centros públicos e os centros privados
concertados.
O réxime xurídico destas axudas vén determinado pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 13 de xuño). Tamén cómpre
ter en conta o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión do alumnado
en centros sostidos con fondos públicos (DOG núm. 245, do 26 de decembro), que garante
unha adecuada e equilibrada escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais,
coa finalidade de asegurar a calidade educativa para todos, a cohesión social e a
igualdade de oportunidades, e o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (DOG núm. 242, do
21 de decembro), que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes
da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por isto, en atención á proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto
1. O obxecto desta orde é regular os criterios, os requisitos e o procedemento para a
concesión de axudas económicas aos centros privados concertados da Comunidade Autónoma
de Galicia para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
nas correspondentes unidades concertadas, naqueles aspectos que non estean xa cubertos
polo concerto educativo, ao longo do curso escolar 2013/14.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7

DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42694
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
2. Enténdese por alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo
aquel que requira por un período da súa escolarización, ou ao longo de toda ela, determinados
apoios e atencións específicas derivadas de discapacidade motórica, sensorial,
intelectual ou trastornos xeneralizados do desenvolvemento e a conduta.
Artigo 2. Vixencia
Esta orde terá vixencia temporal para o curso académico 2013/14, desde o día 1 de
setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2014.
Artigo 3. Beneficiarios
1. Os centros docentes privados que teñan concerto vixente coa Comunidade Autónoma
de Galicia para as ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,
educación secundaria obrigatoria, programas de cualificación profesional inicial e ciclos
formativos de graos medio e superior.
2. Exclúense desta convocatoria de axudas os centros concertados específicos de educación
especial e os centros con unidades concertadas de educación especial.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra
algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do
13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 13 de xuño).
4. Para obter estas axudas, os centros docentes privados que as soliciten terán que estar
ao día no cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e da Comunidade
Autónoma.
Artigo 4. Concorrencia con outras axudas
A presente axuda é compatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade,
procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, nacionais,
da Unión Europea ou de organismos internacionais, tendo en conta o disposto nos artigos
11.d) e 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 5. Solicitudes
1. Lugar de presentación.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es,
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42695
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos
cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se
regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades
dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento
nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos
pola sede da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderá presentarse de igual forma, utilizando calquera
procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Para o caso, as copias
dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da
persoa solicitante, carecendo do carácter de copia auténtica. A Administración, en calquera
momento da tramitación do procedemento, poderá requirir a exhibición do documento
orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2
da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e o 22.3
do citado Decreto 198/2010. Neste caso, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha
declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos. A
achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a
información persoal contida nos correspondentes documentos.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera
dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de correos na
primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da
convocatoria.
2. Prazo de solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do
prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo
é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento
non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira
o derradeiro día do mes.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42696
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
3. As solicitudes cubriranse no modelo que se xunta como anexo I desta orde e irán
unidas coa seguinte documentación:
a) Unha memoria explicativa en que consten as necesidades específicas do centro para
atender o alumnado que requira apoio educativo, xunto cunha certificación asinada pola
persoa responsable do centro docente que acredite as circunstancias das persoas afectadas.
b) No caso de que o centro solicite outras axudas para o mesmo proxecto ou actividade,
achegará unha declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas
por outras administracións ou entes públicos e a súa contía. No caso contrario, declaración
de non telas solicitado.
c) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición
de beneficiario, de conformidade co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia.
As declaracións, se é o caso, das letras b) e c) faranas segundo o modelo do anexo II.
Artigo 6. Consentimentos e autorizacións
1. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e
de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006,
do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45
da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o
importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións
que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos,
polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento
necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.
A negativa expresa a esta autorización poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación
ou á revogación do acto de outorgamento.
2. Autorización ao órgano xestor.
A presentación da solicitude de concesión de subvención polas persoas interesadas
comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42697
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e
a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido
no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante,
a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e presentar entón a
certificación nos termos previstos regulamentariamente.
3. As solicitudes das persoas interesadas xuntarán a documentación determinada no artigo
5, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración
actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f)
do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o
órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non
transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente
poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación
por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación
da proposta de resolución.
Artigo 7. Finalidade das axudas
As axudas reguladas nesta orde poderán empregarse, en atención das necesidades do
centro, para os seguintes fins:
– Contratación de persoal complementario: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a
educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, intérprete de lingua de signos e
coidador/a.
– Reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores de contía non superior ao
15 % da axuda.
– Compra de material específico ordinario non inventariable.
Artigo 8. Criterios de valoración
Para a asignación das contías seguiranse os seguintes criterios:
a) Alumnado matriculado no curso 2013/14 que reúna os requisitos establecidos no
artigo 73 da Lei orgánica de educación, debidamente xustificados. Por cada alumno ou
alumna contabilizaranse 8 puntos.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42698
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
b) Alumnado cos mesmos requisitos da letra a) deste artigo matriculado no curso
2012/13. Por cada alumno ou alumna contabilizaranse 4 puntos.
c) Proporción entre o alumnado total do centro e o que reúna os requisitos desta convocatoria,
con exclusión das etapas non concertadas. Calcularase a porcentaxe a que se
aplicará a seguinte puntuación:
% Puntos
Menor ou igual a 0,1 0
Máis do 0,1 e ata o 0,3 4
Máis do 0,3 e ata o 0,5 8
Máis do 0,5 e ata o 1 12
Máis do 1 16
d) Grao de discapacidade do alumnado:
% Puntos por
alumno/a
Ata o 33 8
Máis do 33 e ata o 66 12
Máis do 66 16
Artigo 9. Distribución das axudas
1. Unha vez sumadas as puntuacións obtidas por cada centro, segundo o artigo anterior,
o importe da axuda concedida a cada un será proporcional á puntuación deste con respecto
á suma das puntuacións de todos os centros.
2. A distribución das axudas farase por niveis educativos, cos límites establecidos no
artigo 12 desta convocatoria, agrupados do seguinte xeito:
a) Educación infantil, primaria e ESO.
b) Formación profesional e programas de cualificación profesional inicial.
3. A asignación que recibirá cada centro será como máximo de 10.000,00 €.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42699
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Artigo 10. Comisión de valoración
Baixo a presidencia da persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
ou en quen delegue constituirase unha comisión que se encargará de valorar as solicitudes,
integrada polas persoas que desempeñen os seguintes postos de traballo:
– Subdirección Xeral de Centros.
– Servizo de Centros.
– Servizo de Xestión de Programas Educativos.
– Un funcionario ou funcionaria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
que actuará como secretario/a, con voz pero sen voto.
As persoas integrantes desta comisión deberán absterse de intervir cando concorran
nelas as circunstancias de abstención previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,
de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Artigo 11. Resolución
1. Unha vez finalizada a valoración das solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos publicará no portal educativo http://www.edu.xunta.es a proposta de
resolución provisional, que incluirá a cantidade asignada a cada centro e os que foron excluídos,
contra a cal os/as interesados/as poderán formular as alegacións que consideren
oportunas nun prazo de dez días naturais e achegar os documentos que se consideren
pertinentes. Esta resolución provisional tamén lles será comunicada aos solicitantes a través
do correo electrónico.
2. Logo de estudar e valorar as reclamacións presentadas contra a proposta de resolución
provisional, o director xeral de Centros e Recursos Humanos elevará ao conselleiro a
proposta de resolución definitiva, na cal se sinalará a concesión ou a denegación motivada
das axudas, así como, se é o caso, a exclusión daquelas entidades que non reúnan algúns
dos requisitos da convocatoria.
3. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia no prazo máximo de
cinco meses contados desde a publicación desta convocatoria.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42700
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Contra a dita resolución poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta
consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario
Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 107.1, 116 e 117 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de
dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia conforme os artigos 10, 14 e
46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Se transcorre o prazo máximo que se sinala no parágrafo terceiro deste punto sen
que se publique a resolución definitiva, os solicitantes poderán entender desestimadas
por silencio administrativo as súas solicitudes para os efectos de interpor os recursos que
procedan.
Artigo 12. Orzamento
1. As axudas económicas para os niveis de educación infantil, de primaria e de educación
secundaria obrigatoria tramitaranse con cargo á partida orzamentaria 09.60.422A.482.3,
por unha contía total máxima de 95.845 € para o período setembro-decembro do ano 2013
e de 191.689 € para o período xaneiro-agosto de 2014.
2. Para o nivel de formación profesional, incluídos os programas de cualificación profesional
inicial, tramitaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.60.422M.482.3, por
unha contía total máxima de 4.155 € para o período setembro-decembro do ano 2013 e de
8.311 € para o período xaneiro-agosto de 2014.
Artigo 13. Xustificación e pagamento das axudas
1. Os beneficiarios das axudas presentarán a seguinte documentación xustificativa dos
gastos realizados, para o cal terán en conta que a que presenten, en relación co importe
anticipado, deberá corresponder ao ano 2013:
a) Facturas expedidas a nome do centro, nóminas e outros documentos acreditativos
dos gastos derivados da execución das actividades subvencionadas, así como xustificante
de que o pagamento do seu importe foi efectuado. Os documentos acreditativos dos gastos
deberán reunir todos os requisitos exixidos pola normativa vixente e, no caso de que se
trate de fotocopias, deberán estar compulsadas por persoal funcionario. Se a xustificación
está incompleta ou é incorrecta, pagarase unicamente a cantidade da axuda concedida
que sexa xustificada de forma correcta.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42701
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
b) Memoria das actividades realizadas, asinada pola persoa representante legal do centro,
conforme o proxecto presentado coa solicitude, que permita asegurar a relación directa
dela cos xustificantes de gasto que se acheguen.
c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma finalidade,
tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas
administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades,
en que se especifique a clave do expediente ou ben o concepto subvencionado.
Se é concedida a subvención, deberá expresar os importes e a súa procedencia, e xuntar
facturas ou xustificantes de gasto por unha contía equivalente á suma do total das subvencións
para idéntico obxecto, segundo o modelo do anexo II.
d) Para o suposto de que a persoa solicitante tivese denegada a autorización a que se
fai mención no artigo 6.2 desta orde, deberá achegar as certificacións que deban emitir a
Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido
no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Prazo.
A xustificación achegarase, coa data límite do 31 de agosto de 2014, á Subdirección Xeral
de Centros da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Edificio Administrativo
de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.
3. O pagamento das axudas concedidas farase segundo o disposto no artigo 31 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, polo que se desenvolve o procedemento de aprobación do gasto
e pagamento de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
4. O pagamento das axudas concedidas será realizado do seguinte xeito:
a) Por tratarse de entidades sen fins de lucro e para acadar unha maior operatividade
neste tipo de axudas, unha vez resolto o expediente, farase un anticipo, que será proporcional
ao importe da axuda concedida a cada centro, segundo o establecido no artigo 9
desta orde e pola contía consignada para o exercicio de 2013, que suporá a entrega de
fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo
as actuacións inherentes á subvención. Isto realizarase de oficio e, en ningún caso, excederá
o 80 % da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista para
cada exercicio orzamentario, segundo establece o artigo 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42702
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia (DOG núm. 20, do 29.1.2009).
b) Réxime de garantías en pagamentos anticipados.
Consonte co establecido no artigo 65.4.f) e i) do antedito Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,
as entidades beneficiarias non estarán obrigadas a constituír garantía.
c) O resto do importe ou parte do total da subvención concedida para o curso 2013/14
librarase logo da completa xustificación do cumprimento das condicións e da finalidade
para a cal se concedeu.
Artigo 14. Fiscalización e control
1. Os beneficiarios quedarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida
pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello
de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e de control do destino das
axudas.
2. Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá
realizar, en calquera momento ata transcorridos tres anos desde a resolución de concesión
das axudas, as comprobacións e avaliacións que considere oportunas sobre as actuacións
realizadas e a xustificación.
3. Os beneficiarios darán axeitada publicidade do carácter público do financiamento das
actividades que foron obxecto de subvención.
Artigo 15. Perda total ou parcial do dereito ao cobramento da axuda
1. O centro perderá de forma total ou parcial o dereito ao cobramento da axuda polas
seguintes causas:
a) Xustificar de forma incompleta ou fóra de prazo.
b) Incumprir os fins ou obxectivos para os cales se concedeu.
c) Perda da capacidade xurídica ou de obrar, ou inhabilitación para ser beneficiario/a de
subvencións e axudas públicas, nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42703
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
2. De concedérselle outra subvención por esta mesma finalidade no prazo de vixencia
desta convocatoria, a entidade terá que comunicarllo á Administración, segundo dispón o
artigo 11.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para que, en aplicación
do seu artigo 17.3, o importe da subvención se minore co fin de que, illadamente ou en
concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados,
non supere o 100 % do investimento.
3. No caso de que se revogue a axuda, o centro terá que reintegrar as cantidades percibidas
e mais os xuros de mora xerados desde o momento do seu pagamento, nos termos
que figuran nos artigos 33 a 38 da referida Lei de subvencións de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Recurso
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor, no prazo de dous meses
contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, un
recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo competente
do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 10, 14 e
46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa;
ou un recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado a
partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto
nos artigos 107.1, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira segunda. Delegación de competencias
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para
adoptar todos os actos e medidas que sexan necesarios para a execución e desenvolvemento
do previsto nesta orde.
Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42704
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO I
PROCEDEMENTO
AXUDAS A CENTROS PRIVADOS CONCERTADOS PARA ATENCIÓN AO ALUMNADO
CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
ED301I
DOCUMENTO
SOLICITUDE
DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE
RAZÓN SOCIAL NIF
TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA
CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
CÓDIGO DO CENTRO
E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)
TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA
CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
CERTIFICACIÓN
Certifico que os datos de alumnado matriculado neste centro en niveis concertados son os seguintes:
INFANTIL, PRIMARIA e ESO
(M1) FP e PCPI (M2)
TOTAL ALUMNOS/AS NO
CENTRO EN ETAPAS
CONCERTADAS (C)
PORCENTAXE 1 (M1/C)
x100
PORCENTAXE 2 (M2/C)
x100
ALUMNADO CON
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE
APOIO EDUCATIVO
ALUMNADO CON NEAE XA
MATRICULADO O CURSO
ANTERIOR
GRAO DE MINUSVALIDEZ ATA O 33 % MÁIS DO 33 % E ATA O 66 % MÁIS DO 66 %
ALUMNADO CON GRAO DE MINUSVALIDEZ INDICADO
EN INFANTIL, PRIMARIA E ESO
ALUMNADO CON GRAO DE MINUSVALIDEZ INDICADO
EN FP E PCPI
SOLICITA
Acollerse á Orde do 24 de outubro de 2013 pola que se regula o réxime de axudas económicas para a atención de alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo, para o cal se achega a seguinte documentación:
Unha memoria explicativa en que se fagan constar as necesidade do centro para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio
educativo.
Declaración doutras axudas para a mesma finalidade en que se relacione o conxunto de todas as axudas efectuadas e concedidas por outras
administracións ou entes públicos e a súa contía, así como a declaración de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de
beneficiario (anexo II).
OBSERVACIÓNS
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de
que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste
procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei mediante un escrito dirixido
a este centro directivo como responsable do ficheiro.
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42705
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO I
(continuación)
LEXISLACIÓN APLICABLE
Orde do 24 de outubro de 2013 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para
a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2013/14.
SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE
Lugar e data
, de de
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42706
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO II
DECLARACIÓNS
DATOS DA ENTIDADE
RAZÓN SOCIAL NIF
E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
DECLARA
Non estar incurso/a en ninguna clase de inhabilitación para a obtención de axudas das previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño,
de subvencións de Galicia.
SI NON (neste caso deberá achegar as certificacións)
Non ter solicitada nin, en consecuencia, aprobada, concedida ou pendente de resolución outra axuda para a mesma finalidade obxecto desta
orde das distintas administracións públicas competentes ou cualquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
Ter solicitada e, en consecuencia, aprobada, concedida, ou pendente de resolución unha axuda para a mesma finalidade a que se refire a
presente solicitude, que se detallan a continuación.
DENOMINACIÓN DO ORGANISMO,
SOCIEDADE OU ENTIDADE PÚBLICA
A QUE SE LLE SOLICITOU A AXUDA
IMPORTE CLAVE DO
EXPEDIENTE CONCEPTO
SITUACIÓN
(SOLICITADA, APROBADA/
CONCEDIDA OU PENDIENTE
DE RESOLUCIÓN)
DATA DA
CONCESIÓN
Autorizo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia,
segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día das obrigas tributarias e fronte a
Seguridade Social.
SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE
Lugar e data
, de de
CVE-DOG: p3nh8ch0-nxs4-hp37-oga3-2rfwgcwekcl7

No hay comentarios:

Publicar un comentario