martes, 12 de noviembre de 2013

Escola de Nais e Pais: O noso rol ante AS TAREFAS ESCOLARES NA CASA

Distinguido/a Sr./Sra.
A Presidenta Alcaldesa do Concello de Bergondo,
comprácese en convidalo/a a Vde.
á Escola de Nais e Pais.
 
RELATORA
Dna. Laura Varela Crespo
                                                                           Pedagoga e Educadora Social
Profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo
 
TEMA
O noso rol ante AS TAREFAS ESCOLARES NA CASA
 
o  A  necesidade de puntos de encontro entre familia e escola.
o  As tarefas escolares e os tempos de estudo.
o  A importancia da lectura na mellora do rendemento escolar.
 
Ø  Os vosos fillos e fillas, no comezo do novo curso, se enfrontan a novos retos e requirimentos de estudo.
Recentemente  impartíuselles un curso de técnicas de estudo aos alumnos e alumnas de 1ºA, 1ºB, 3ºA e 3ºB da ESO, co que se  pretendeu dotalos  de novas ferramentas  para afrontar esta nova etapa educativa.
 
Ø  Agora, dende a escola de nais e pais, abordamos o tema “O noso rol nas tarefas escolares na casa” como complemento ao traballado cos vosos fillos e fillas, co que se pretende aportarvos ferramentas complementarias e analizar o rol da familia no estudo dos  fillos e fillas, polo tanto, pola importancia do tema, consideramos importante que asistan  a dita sesión.
 
Bergondo, xoves 14 de novembro de 2013.
20:00-21:00 horas
 
A charla-coloquio terá lugar na biblioteca do Multiúsos A Senra.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario