Estimadas familias do CPI Cruz do Sar de Bergondo:
Dadas as numerosas dúbidas de inicio de curso ante a publicación do Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación, queremos convocarvos de xeito urxente a unha reunión informativa o vindeiro venres día 13, ás 20.00 horas no comedor do Colexio.
Rogamos a vosa presencia posto que trataremos outros temas de moito interés neste curso, desexamos que esteades informados e queremos saber a vosa opinión.
Un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario