viernes, 31 de mayo de 2013

Queremos recordar que as actividades extraescolares organizadas por esta APA neste curso escolar rematan no presente mes de maio.
A festa de fin de curso será o vindeiro sábado día 15 de xuño, comenzan as 12.15 horas da mañá no pavillón do Colexio das exhibicións das respectivas actividades , de xeito que, salvo cambios de última hora que se notificarían individualmente, os horarios serán os seguintes :
Iudo : 12.15, deberán estar ás 11.30 no pavillón do colexio
Taekwondo : 12.40, deberán estar no pavillón do colexio ás 12.00 horas
ALOHA : 13.05
Inglés lúdico : 13.15
Futbiño : 13.25 , entregarase a equipación uns días antes
Patinaxe : 13.45, deberán estar no pavillón ás 13.00 horas, rogamos nos digades o antes posible as mamás ou papás que están dispostos a axudar para retoques de perruquería e maquillaxe nas patinadoras.
Os traballos de debuxo e pintura estarán expostos todo o día.
Remate das exhibicións ás 14.00 horas.
Tódolos rapaces e rapazas deberán vir vestidos da casa co traxe específico de cada actividade, despois poderán cambiarse para desfrutar da festa.
Os pais ou nais que poidan axudar na organización das exhibicións rogamos se poñan en contacto cos membros da APA posto que precisamos axuda para axilizar a colocación e para gardar diversos materiais usados en cada actividade.
Rogamos encarecidamente ás familias que non teñan os pagos ao día que os fagan efectivos na primeira semana do mes de xuño, dado que queremos convocarvos para unha asemblea ordinaria na segunda semana de xuño e é imprescindible aprobar as contas do presente curso escolar, entre outras cousas interesantes.
Dende a APA seguimos coa axuda para a viaxe de fin de curso dos alumnos de 4º da ESO na venda de camisetas da marea verde, o prezo de cada camiseta son 4 euros. As vestiremos os venres ate fin de curso e no día da festa de fin de curso.
Podedes utilizar o noso correo para poñervos en contacto con nós, deste xeito nos axudades a mellorar e evitar erros que sen a nosa intención ás veces podemos cometer.
Por ultimo, informaros que el viernes día 31 de mayo, último día de la actividad de piscina, será de "puertas abiertas", con lo cual con el único requisito de que calcéis chanclas podréis estar presentes en el exterior del "vaso" y acompañar a los peques en su despedida de la actividad.
Moitas gracias pola vosa colaboración.
Recibide un cordial saúdo.
Xunta directiva da APA AS MARIÑAS
-
A.P.A. "AS MARIÑAS" do CPI "Cruz do Sar" de Bergondo

Correo: anpaasmarinas@gmail.com Blog: apaasmarinas.blogspot.com.es

981794167- 697482577 - 663486449


No hay comentarios:

Publicar un comentario