viernes, 31 de mayo de 2013

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos
libros de texto e demais materiais curriculares.


A disposición adicional primeira do Decreto 89/1993, do 19 de abril, polo que se regulan
determinados aspectos en materia de libros de texto e materiais curriculares para
as ensinanzas de réxime xeral (DOG núm. 78, do 27 de abril), faculta a persoa titular da
consellería competente en materia de educación a ditar as disposicións que exixa o desenvolvemento
e execución do decreto.
En consonancia coa política de austeridade do goberno da Xunta de Galicia, no contexto
concreto das axudas para a adquisición de libros de texto e materiais curriculares e
o período de vixencia destes nos respectivos cursos e ciclos, resulta conveniente efectuar
unha adecuación á actual situación económica, coa finalidade de minimizar o impacto nas
economías das familias e reforzar a garantía de igualdade de oportunidades no acceso á
educación e a calidade do ensino.
Así mesmo, a permanencia dos mesmos libros de texto no centro durante unha etapa
prudencial contribúe á dobre finalidade de permitir o uso por distintos membros da familia e
de transmitir ao alumnado, desde as primeiras etapas da súa formación, a cultura xeral do
uso racional e sustentable dos recursos, e facelo desde un ámbito tan determinante para o
seu desenvolvemento futuro como é o educativo.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 6.2 e no uso das facultades conferidas
na disposición adicional primeira do Decreto 89/1993, do 19 de abril, polo que se
regulan determinados aspectos en materia de libros de texto e materiais curriculares para
as ensinanzas de réxime xeral (DOG núm. 78, do 27 de abril),

DISPOÑO:

Artigo único. Vixencia dos libros de texto e materiais curriculares
1. Determinar como período de vixencia dos libros de texto e materiais curriculares para
as ensinanzas de réxime xeral seis (6) cursos académicos, contados desde a súa elección.


2. Durante este período só poderán substituírse cando circunstancias excepcionais ou
de carácter pedagóxico ou científico o aconsellen, e así o determine a xefatura territorial

correspondente desta consellería, logo do informe de inspección educativa, previa solicitude
do centro.


Disposición derrogatoria. Derrogación normativa
Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan á
presente orde.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
 
Ver documento:

No hay comentarios:

Publicar un comentario