CONFAPA-GALICIA
SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE
Á FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE
ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS
Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as
nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima
situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas
familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das
familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual,
vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.
Iniciamos un curso escolar que supera con
creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e
as familias, ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da
Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central
e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un
punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida
máis.
Alumnos e pais estamos soportando recortes
en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas
economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas
por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as
medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, mais queremos subliñar
especialmente que o alumnado e as familias movilizarémonos conxuntamente
porque:
--Non aceptamos un novo cambio de Lei
educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine
en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora,
faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo
social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras para xustificar
unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de
valor que non están baseados en datos
contrastados.
--Non aceptamos o desmantelamento da
educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando
os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de
dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa
connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
--Non aceptamos que se eliminen todo tipo
de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo
o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en
igualdade de condicións.
--Non aceptamos que que os irresponsables
políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos
fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co
que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario
público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen
bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa
privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA
AQUÍ CHEGAMOS e esiximos,
--O cese fulminante do Ministro Wert e de
todo o seu equipo
--A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto
de reforma da LOE
--A paralización inmediata de todas as
medidas de recorte e desmantelamento do ensino
público
--A apertura, cun novo equipo ministerial,
dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa
para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino
público.
FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para
que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente
en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos
nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que facilitedes a
posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos
vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a
celebrar na mañán do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a
cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo
xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes
informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar unha mensaxe clara
sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non
estamos dispostos a que sigan por ese camiño.
CONFAPA-GALICIA
Xoves día 18, ás 20.00 horas estaremos na manifestación que sairá dende a Praza da Palloza na Coruña, unidas as familias e os estudantes, polo noso Ensino Público.
ResponderEliminar