miércoles, 2 de mayo de 2012


Estimadas Familias:

Temos organizado para as mañás dos sábados día 5 e 12 de maio dúas viaxes lúdicos-educativas á CASA DO QUEIXO sita en Grixalba, Sobrado dos Monxes ( http://www.casadoqueixo.com/) .

A viaxe para os socios é gratuita e para os que non sexan socios deberán abonar 4 Euros para axudar a pagar o autobús.

1.- O sábado día 5 está reservado para as familias das ESCOLAS UNITARIAS, de xeito que poden ir os pais e os pequenos máis os irmáns. O horario de saída do autobús dende o Concello de Bergondo será puntual ás 9:00, para que poidamos facer tódalas actividades pola mañá. Deixaremos aos rapaces cos respectivos monitores e os adultos faremos unha "ruta turística" moi interesante. Poden levar o xantar ou se pode encargar o "menú  do día" (nenos 6 euros e adultos 8 euros), rogamos que nos digades as preferencias de cada familia para encargar o menú. A volta sería despóis do xantar.

2.- O sábado día 12 está reservado para o alumnado do CPI CRUZ DO SAR, non virán acompañados polas familias senón polos membros da nosa xunta directiva e voluntarios que se ofrezcan. A saída é dende o Concello ás 9:00 horas e regreso ás 15:00 aprox. Rogamos lles enviedes uns bocadillos e bebida para tomar antes voltar, xa que horario de actividades comenza ás 10:00 e remata ás 14:15 horas.

O prezo da granxa-escola ascende a 14 euros por alumno, inclúe catro talleres, - o queixo o comerán alí e pan é posible que chegue á casa, ¡se non o comen!-. Agardamos que sexa do voso agrado e interés.
Atentamente,


Imprimir
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxhbnBhYXNtYXJpbmFzfGd4OjU2ZTFjMDcwY2RmNzcwY2M&pli=1

AUTORIZACIÓN PARA SAÍDA EXTRAESCOLAR Á CASA DO QUEIXO

D./Dna.............................................................................................................
Nai/Pai do alumno,...........................................................................................
Curso...............................................................................................................
Teléfonos de contacto.......................................................................................
ALERXIAS.....................................................................................................

AUTORIZO ao meu fillo, - a viaxe organizada pola APA AS MARIÑAS na mañá do sábado día 12 de maio do ano en curso á granza-escola CASA DO QUEIXO.


Asdo............................................................................
Bergondo a.............a....................................................
Rógase se deposite esta autorización no buzón do APA ou na secretaría do CPI ,o correo anpa.asmarinas@gmail.com , antes do venres 4 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario