jueves, 10 de mayo de 2012

Aparariciones en prensa:

O xuiz de menores de Granada, Emilio Calatayud, ofrece unha charla na Senra

A xornada está dirixida a orientar ás familias e aos docentes na educación dos adolescentes

REDACCIÓN / Bergondo

O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase no auditorio do edificio cultural da Senra unha xornada
na que o principal ponente será o xuiz de menores de Granada, Emilio Calatayud Pérez.
A conferencia está promovida pola Asociación de Equipos directivos da Provincia de A Coruña e
a APA As Mariñas do CPI Cruz do Sar de Bergondo, en colaboración co Concello de Bergondo e a
Federación Provincial de APAs de Centros Públicos de A Coruña.
O obxectivo é orientar ás familias e aos docentes na educación dos adolescentes: “entre todos
podemos contribuir co noso esforzo a que a relación triangular de adolescente, familia e escola,
obteña os froitos desexados á hora de desenvolver os valores que aplicarán ao longo da súa
vida laboral e persoal”, explicaron responsables da APA As Mariñas.
Para participar na xornada é preciso acreditarse confirmando a súa asistencia no correo electrónico
anpa.asmarinas@gmail.com ou na oficina da APA do Colexio Cruz do Sar, xa que non se permitirá
o acceso sen a acreditación previa dado o aforo do auditorio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario