martes, 16 de octubre de 2012


CONFAPA-GALICIA SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE

Á FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS


Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.


CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.

Iniciamos un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias, ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.

 

Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.

Sobran os motivos, mais queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias movilizarémonos conxuntamente porque:

 

--Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.

 

--Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos  contrastados.

 

--Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.

 

--Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas  -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
 

--Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.

 

En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA AQUÍ CHEGAMOS e esiximos,

 

--O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo

--A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE

--A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino

  público

--A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.

 

FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.

 

Asemade, pedímosvos que facilitedes a posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a celebrar na mañán do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes informativos que se realicen.

 

Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.


 

                                                                                  CONFAPA-GALICIA

 

 

sábado, 29 de septiembre de 2012

Actividades extraescolares


No presente mes de Outubro comenzamos coas actividades extraescolares organizadas pola APA AS MARIÑAS, queremos agradecer a boa acollida que tiveron este ano que a pesares da crisis que estamos a sufrir comenzamos con máis de oitenta alumnos pertencentes ao CPI Cruz do Sar e ás Escolas Unitarias no Concello e, agardamos, que se vaian interesando máis familias.

 

     Na Asemblea Xeral Ordinaria do pasado xoves aprobaronse as contas do ano pasado e unha vez explicada a situación actual e as medidas a tomar no presente curso, acordouse baixar as cuotas tanto para facerse socio da APA como para as cotas mensuais de cada actividade. Queremos axudar ás familias de xeito que sexamos un ente conciliador para as familias e lúdico-educativo para os pequenos, será :

 

              COTA DE SOCIO por unidade familiar : 10 Euros, mantemos o seguro de accidentes e RC de cada socio tanto para actividades como  saídas extraescolares organizadas por esta APA.

 

              E a COTA MENSUAL por actividade :  10 Euros

 

     Nos poñeremos en contacto coas familias que xa se fixeron socias no mes pasado e se lles devolverán os cartos aportados de máis, agradecéndolles que manteñan a súa confianza, sen esquecer que gracias a tódolos socios e membros de Xuntas Diretivas que ao longo dos máis de trinta cursos escolares anteriores foron fomentando e mantendo viva esta Asociación.

 

     O horario das actividades queda do seguinte xeito, as que non se mencionan é resultado de non facer un mínimo de participantes adecuado á actividade:

 

     LUNS :

 

     PINTURA E DEBUXO : de 15.30 a  17.30 horas. Impartirase nunha aula de debuxo do Colexio, non hai bus e se deberán vir recoller aos rapaces/as ao Colexio

    

     IUDO: de 15.30 a 17.30 horas. Impartirase no ximnasio do edificio A Senra, as familias deberán recoller aos participantes por non haber autobús.

 

 

 

     MARTES :

 

     INFORMÁTICA : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase na aula de informática do Colexio.

     FÚTBIÑO : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase no pavillón do Colexio.

     TAEKWONDO : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase no ximnasio do Edificio A Senra

     ALOHA  Mental Arithmetic : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase en dúas aulas do Colexio.

     Queda pendente de comenzar Inglés lúdico cun mestre nativo.

 

 

     MÉRCORES :

 

     IUDO de 15.30 a 17.00 horas.

      PATINAXE de 15.30 a 17.00. Impártese no pavillón do Colexio.

    

 

 

     XOVES :

 

     INFORMÁTICA de 15.30 A 17.00.

      FÚTBIÑO  de 15.30 a 17.00

      TAEKWONDO de 15.30 a 17.00

      ALOHA Mental Arithmetic de 15.30 a 17.00

    

            Pendente comenzar inglés con mestre nativo

 

 

 

    VENRES :

 

    PISCINA (Sada) ás 15.50 saen en autobús dende o Colexio con dúas acompañantes do noso APA, estarán no auga dende as 16.15 ate as 17.00 horas, ás 17.15 sairá o bus para distribuir aos pequenos nos respetivos domicilios.

     Caso de ir familias a levar ou recoller aos fillos deberán avisar ás dúas persoas do APA AS MARIÑAS que os acompañan dende a saída do Colexio, a fin de manter a organización e control da actividade.

 

     Este ano a cota para abonar esta actividade de piscina será de 50 Euros inclúe o curso os meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio e abónanse no presente mes. 

 

 

     NOTA ACLARATIVA : os martes, mércores e xoves saen dende o Colexio dous autobuses facilitados polo Concello de Bergondo, no que se repartirán aos seus domicilios aos participantes que así o desexen, irán acompañados por dúas persoas da APA AS MARIÑAS que se encargarán de deixalos nas paradas cun adulto. As rutas de reparto as fai a empresa responsable xunto co equipo diretivo do Colexio e poden variar das habituais escolares. Os que sexan recollidos deberán avisar ao monitor responsable da actividade e ao persoal da APA que se atopa nese momento no Colexio antes de abandonar o recinto. Agradecemos a vosa colaboración para facilitarnos a organización e evitar problemas. 

 

     Recibide un cordial saúdo,

 

 

     Asdo. Xunta diretiva APA AS MARIÑAS