COMUNICADO
DE CONFAPA-GALICIA CONFAPA GALICIA ten rexeitado desde a súa publicación o
Decreto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que
ditou as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º
curso de Educación Primaria.
CONFAPA GALICIA manifesta a súa oposición á
devandita proba, entendendo que:
1.- A proba
de avaliación é prácticamente a mesma co ano pasado, na que xa manifestamos a
nosa oposición. As razóns que nos levaron a rexeitar a proba seguen a ser
completamente válidas.
2.- Mentres
as restantes probas pasaron a ser de carácter estatístico, por mostraxe, a de
3º de primaria ten carácter censual, é decir, avalía á totalidade do alumnado.
3.- Esta
avaliación pódese ter en conta para repetir curso. Así o establece a LOMCE no
seu articulado, lei que segue en vigor.
4.- Avalía
únicamente as competencias de lingua e matemáticas.
5.-
Clasifica ao alumnado desde idades temperás.
6.- Non se
adapta ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con altas
capacidades.
7.- Fomenta
a competencia entre os centros e a súa estigmatización sen tomar en conta circunstancias
locais compensatorias da avaliación.
8.-
Desautoriza ao profesorado e ao sistema de avaliación contínua.
9.- A proba
xa amosou o seu nulo valor nestes anos que leva en vigor. Sendo CONFAPA-GALICIA
unha organización implantada no conxunto da Comunidade Autonómica, non
coñecemos ningún caso de medidas adoptadas nun Centro de Ensino como
consecuencia da proba de avaliación. O valor neto da proba para os pais e nais
do alumnado é simplemente insignificante; hai casos nos que as familias non
chegaron a recibir o resultado das probas ate o seguinte curso. Nun contexto
político e social no que a LOMCE está nunha situación de provisionalidade e
incertidume mentres non se acade un pacto educativo para establecer as bases
dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto da sociedade,
continuar desenvolvendo os aspectos máis daniños da LOMCE é unha declaración de
intencións clara, que dende as familias que compoñemos a Comunidade Educativa
dos Colexios Públicos de Galicia rexeitamos frontalmente. Polo tanto, CONFAPA
GALICIA esixe da Administración educativa a paralización e a retirada da
devandita proba e invita a toda a Comunidade Educativa a opoñerse activamente
ao seu desenvolvemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario