lunes, 23 de abril de 2018

FESTA DAS ANPAS DA ESCOLAS PÚBLICAS DE A CORUÑA.


Estimadas familias socias da APA AS MARIÑAS :

Este ano como segundo ano consecutivo a Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, organiza a II FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA, será o sábado 12 de maio no Albergue de Gandarío. A organización é similar ao ano pasado (adxunto normas de organización).

O que sí queremos mellorar é a participación dos adultos, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, xantar xuntos, intercambiar experiencias, etc... Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores da organización, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo.

Este ano como novidades haberá :
.- TORNEO de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribirse previamente) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.
.-  FOLIADA na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto a tráelo.
Se participades, esperamos que sí, en calquera destas dúas actividades é preciso, por razóns de organización, anotarse PREVIAMENTE.

Achegamos folla para facer a inscrición (obrigatorio) para a asistencia á festa e que deberedes facer chegar á APA en prazo. Estamos todas as tardes na oficina do Colexio de 15:15 h ate as 17:15 h. ou a través do noso mail
Podedes votar unha ollada ás fotos do ano pasado na web da Federación :  www.fedapascoruna.org

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE ABRIL.
  
TEMPORALIZACIÓN:
10:00 – 10:45 h. : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00–14:00h.: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
14:00 - 15:30 h.:  XANTAR
HORARIO DE TARDE:
FOLIADA / CAPOEIRA EN FAMILIA /TROTAMÚSICOS / XOGOS MUSICAIS / ZUMBA
17:30 – 18:00 h. :  FESTA DA ESCUMA
18:00 h.:  DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA
Un saúdo

María José Ferreño Precedo
Presidenta APA AS MARIÑAS
Vicepresidenta Federación Provincial de ANPAs de C. P. de A Coruña




No hay comentarios:

Publicar un comentario