viernes, 29 de septiembre de 2017

NOTA INFORMATIVA DE INICIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Inicio o luns 2 de outubro, remate o 31 de maio do 2018

É obrigatorio ser socio para participar nas actividades organizadas polo APA.

Utilizaremos listas de difusión telefónica para enviar información urxente, faremos os grupos por actividade no teléfono 654048912, é necesario que o arquivedes nos vosos contactos para utilizalas.

O abono das mensualidades deberá facerse por transferencia bancaria, non cobramos en efectivo, para facilitar o traballo de tesourería pedimos que fagades os pagos por trimestre, si causa baixa devolverase o importe.

Conta bancaria APA AS MARIÑAS : ES41 2080 0045 9230 4000 1481 (ABANCA)

Para darse de baixa nunha actividade deberá avisar coa antelación de quince días, caso contrario deberá abonar o mes no que cause a baixa na actividade.

O servizo de autobuses financiados pola APA sairán do CPI Cruz do Sar ás 17:15 horas, é imprescindible que teñamos unha autorización por escrito cando non sexan os pais os que recollen ao alumnado, os rapaces e rapazas da ESO poderán baixar na súa parada sen depender dun adulto responsable. O servizo é de martes a venres (incluido o desprazamento á piscina de Sada os venres). Os luns non hai autobús.

Como sabedes o horario de actividades é de 15:15 h. a 17:15 h. iso quere dicir que a entrega dos alumnos,-as, que non marchan en autobús, realízase ao termo da actividade, entendemos que algunhas veces poden darse imprevistos que vos impiden chegar puntuais. Neses casos, para maior tranquilidade, agradeceriamos que comuniquedes o atraso ao APA ou ao Colexio. Se ninguén se presenta a recoller ao neno ou nena á hora de saída e non se localiza aos pais, transcorridos quince minutos de espera informarase a Policía Local adoptando o protocolo de actuación establecido polo Colexio

Para resolver calquera dúbida podedes escribir ao mail anpa.asmarinas@gmail.com ou consultar directamente aos teléfonos 606758749 ou 654048912





No hay comentarios:

Publicar un comentario