viernes, 19 de mayo de 2017

Aviso Teatro


IMPORTANTE : Tivemos cambios no horario da obra da tarde, mantéñense os horarios da mañá e cambia a prevista para a tarde.

 GRAN HOTEL representaráse ás 13.30 horas (duración 40 minutos).

Hora saída autobús con tódolos actores e actrices : 09:00 h.

Tódolos alumnos e alumnas, os 46 inscritos na actividade de TEATRO deberán reunirse no Concello para sair no autobús ás 09:00 horas para A Coruña. Irán acompañados polos monitores e persoas da xunta directiva da APA. Traerán todo o vestiario.

Tendo en conta que a última obra rematará aproximadamente ás 14:15 h. chegaremos de volta despois das 14:30 h. no mesmo autobús, os que non teñan pensado voltar en autobús deberá avisar á APA.

Pinchar enlace:


Necesitamos saber o número dos acompañantes para controlar o aforo no interior. Temos a lista cos anotados. Este ano non repartiremos entradas, controlaremos nós os accesos dado que esta mañá está adicada só aos actores e actrices do noso Concello. Non se permitirá a entrada ao auditorio no momento da representación para evitar despistar aos artistas e aos xuíces que están valorando, abriremos no intercambio de escearios.

Si tedes problemas ou dúbidas podedes utilizar o teléfono da APA ou si necesitades anotar algún familiar ou acompañante máis, podedes poñervos en contacto coa presidenta da APA no teléfono 606758749.

Moitas grazas, vémonos!!

Xunta directiva APA AS MARIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario