Os dous autobuses que estamos utilizando de martes a venres levan dúas personas acompañando ao alumnado e controlando o bo funcionamento deste reparto aos domicilios.
Durante todo este ano foron dúas nais voluntarias que, sendo voluntarias tamén no servizo de comedor, quedaban toda a tarde axudando na oficina da APA coa organización e supervisión do alumnado en cada actividade e nas labores propias da oficina pero debido ás imposicións da Consellería se teñen que modificar os turnos no persoal voluntario de comedor o que fai que unha delas teña que parar no día de hoxe.
O que fai que necesitemos dun xeito URXENTE unha persoa acompañante e voluntaria para un autobus, pode ser pai ou nai do alumnado deste Centro o CPI Cruz do Sar.
Encantados vos explicamos os horarios que, seguramente, xa coñecedes : inicio as 17:15 h. e remate as 18:00 h
Agradecemos a vosa colaboración, rogamos vos poñades en contacto coa APA por teléfono ou email.
Tlf. oficina (horario oficina):
981 794167 654048912
Presidenta:
606758749
email: anpa.asmarinas@gmail.com
Un saúdo,
Xunta Directiva APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario