Os membros de Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS queremos agradecer a
participación tanto aos asistentes como ás persoas que fixeron posible a Festa de Entroido 2016, ao equipo
directivo do Colexio, ás mestras e dirección do CRA e especialmente ao alumnado
de 4º da ESO que estiveron toda a tarde amenizando os xogos que tiñan preparados
para a festa e especialmente atentos a que tódolos xogos discorresen do mellor
xeito
A novidade deste ano na organización e desenrolo da Festa, foi a
participación activa do alumnado de 4º da ESO que, xunto coa colaboración da
dirección do CPI e a APA, fixeron que a festa fose un éxito tanto en
participación como na súa parte lúdico-festiva.
Transcorreu sen incidencias negativas de ningún tipo e conseguíuse o
que se pretendía : que fose unha tarde na que tanto as familias como o alumnado
do CPI e do CRA gozasen na primeira festa de Entroido deste Concello de
Bergondo.
Grazas pola vosa presenza e colaboración aos máis de 200 pais /nais /avós
/avoas que viñeron a recoller aos 275 alumnos e alumnas inscritos
No hay comentarios:
Publicar un comentario