Terceiro prazo da
Convocatoria dos programas de
Axudas Xenéricas e
Préstamo de Libros de Texto
do Concello de
Bergondo durante o curso escolar 2014-2015
O Concello de Bergondo, a través do Programa
de axudas xenéricas (para 1.º e 2.º de Educación Primaria) e do Programa
de préstamo de libros de texto (para 3.º, 4.º, 5.º 6.º de Educación
Primaria, 1.º, 2.º, 3.º, e 4.º de Educación Secundaria), ten como obxectivo
colaborar coas familias do municipio no esforzo económico que o comezo do curso
ocasiona.
De estar interesado/a en participar
nestes programas recordamos que, se abre un novo prazo para realizar a
solicitude que estará aberto dende o 22, 23 e 24 de setembro, ambos
inclusive.
As solicitudes realizaranse, segundo o modelo oficial debidamente
cumprimentado, na Casa da Cultura, polos pais, nais ou representantes
legais do/a alumno/a en horario de 9.00 a 14.00 horas.
As axudas concederanse ata esgotar o
crédito da partida. Se fose o caso, estudarase a forma de que sexan
beneficiarios todos os solicitantes na mesma medida.
Convocatoria excepcional
de axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo
2014-2015
A Concellería de Benestar Social
convocou en xullo e agosto as axudas para a escolarización de menores en
familias con escasos recursos, que contempla a subvención de libros e/ou parte
do material escolar, para o curso 2014- 2015, a familias que se atopen nunhas
condicións económicas e sociais desfavorables do termo municipal de Bergondo.
Despois de detectar que numerosas
familias non tiveron constancia das convocatorias anteriores e, dado que existe
crédito na partida orzamentaria, ábrese un prazo excepcional de solicitude có
obxecto de non prexudicar economicamente as anteditas unidades familiares.
Neste caso, as familias beneficiarias
deberán tramitar a correspondente solicitude no Departamento de Servizos
Sociais municipais, os días 22, 23 e 24 de setembro do 2014, en
horario de 09.00 a 14.00h.
Para máis información sobre os
requisitos de acceso e a documentación que deberán achegar xunto coa
solicitude, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de
Servizos Sociais, no teléfono 981 791 252 Ext.3 ou na páxina web www.bergondo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario