Bo día,
Informamos que tódolas familias que tivesen recibido ou reciban nestes
días unha carta (certificada e con acuse) procedente da Consellería en
relación ao pago do comedor, teñen a súa disposición unha plataforma
de afectados do CPI que podedes seguir :
.- no Facebook :
"Por un comedor y transporte escolar público y gratuito" e,
.- correo
electrónico : comedorytransporte.free@gmail.com
Mediante esta plataforma composta por pais e nais do CPI Cruz do Sar,
poderedes obter tódala documentación ou información que
precisedes, xa se puxeron en contacto con profesionais
especializados para que poidades contestar en prazo co escrito
de alegacións pertinente.
Na medida que precisamos estar unidos para a defensa dos nosos
dereitos, rogámosvos o teñades en conta, utilicedes e lles axudedes a difusión
desta plataforma cun simple Me Gusta, caso de non ter recibido noticias da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Dende a APA AS MARIÑAS queremos agradecer e darlles os parabéns as persoas
que conforman a plataforma de afectados que, de xeito totalmente
altruista, poñen o seu tempo vacacional a disposición da comunidade escolar do
noso colexio.
Recibide un cordial saúdo
Xunta Directiva APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario