Os que formamos parte da directiva da APA AS MARIÑAS consideramos que a festa de fin de curso do pasado sábado foi un éxito tanto de asistencia das familias como de diversión.
Recibimos moitos parabéns pola organización deste día que queremos compartir coas persoas que fixeron posible que o alumnado do CPI Cruz do Sar de Bergondo desfrutasen con que tiñamos preparado para eles: voluntarios e traballadores do Concello, persoal da cociña do Colexio, José, voluntarios e membros da xunta da APA, grupo de gaitas “Os Sobraos”. Cruz Roja de Betanzos, Lubre F.C., membros e voluntarios de Protección Civil e Policía Local de Bergondo, empresa e monitores animación…rogamos desculpas se nos esquecemos de alguén o importante é que todos puidemos ver a ledidos rapaces e rapazas desfrutando da súa festa de fin de curso.
Mención especial para os nosos monitores de teatro (Tone de Cia. Noite Bohenia), taekwondo (Juan e Jose de Natural Sport Sada), patinaxe (María de AXIÑA) e fútbol sala (Lorenzo e Andi do TROULA FS), que acadaron que as exhibicións nestas actividades nos fixeran apreciar o que os nosos fillos e fillas son capaces de facer nun escenario ou nun pavillón diante de moito público e o fixeron cinha naturalidade, deportividade e calidade que nos sorprendeu gratamente.
En especial agradecer o seu bo facer a Xosé Antonio, Fini e Alejandra e a súa dedicación nos días previos e o da festa, a Manolo, Oliva e o seu grupo de Protección Civil que puxeron a nota sorpresa ao remate para maior ledicia do alumnado e familias.
¡¡A verdade é moitos rematamos mollados pero satisfeitos e felices!!
Non nos queda máis que agradecer a vosa asistencia e desexarvos unas felices vacacións de verán.
Un cordial saúdo,
Xunta Directiva APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario