viernes, 21 de febrero de 2014

Entroido 2014

APA AS MARIÑAS
CPI CRUZ DO SAR
BERGONDO

      Estimadas familias :

      Achégase o ENTROIDO 2.014 e queremos celebralo con dous eventos moi especiais :

      1.- Queremos convidarvos a unha orixinal festa de disfraces o vindeiro xoves 27.
          Despois de xantar todolos asistentes á festa poderán vestir o seu disfrace. Haberá unha estupenda merenda para os nenos e nenas que traian a súa orixinal máscara ou anteface feito por eles co seu propio toque persoal. Poderán asistir tamén os pais, avós ou tutores.

      Os horarios serán os seguintes:

      .-15:30 a 16:30 exhibición de Taekwondo, fútbol sala, alemán e patinaxe (actividades xoves)
      .- 16:30 a 17:30 festa-baile-concurso de disfraces e merenda
      .- 17:30 saída dos autobuses

      Os alumnos de 4º ESO venderán productos para recaudar cartos para a viaxe de fin de curso.
      Necesitamos saber cantos asistentes virán á festa, para que teñamos merenda para todos, e para isto pregámosvos nos entreguedes cuberta a ficha ao pé deste escrito. Pódese deixar na oficina do APA AS MARIÑAS ou en secretaría do Colexio, os pertencentes ao CRA de Bergondo pódenllo dar ás mestras.

      2.- O venres día 28 convidamos ao alumnado do CRA de Bergondo e ao de Ed. primaria do CPI Cruz do Sar a disfrutar de dous pases dun espectáculo de máxia co mago Benxamín, será no edificio de A Senra en horario de 11.00 para o CRA e ás 12.00 horas para Ed. Primaria.
     
      Animádevos o xoves e ...que ninguén se esqueza o seu disfrace e as ganas de pasalo ben!
     
      BO ENTROIDO !!!
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


      FICHA DATOS PARA ENTREGAR NO COLEXIO OU NA  APA :


NOME DO ALUMNO,-A: _______________________________________________________
IDADE / CURSO : _____________________________________________________________
ALERXIAS ALIMENTARIAS COÑECIDAS : _____________________________________
TELÉFONO : _________________________________________________________________
MARCHA EN BUS :  SI _________   NON _________  (marcar o que corresponda)
PARADA DE BUS : ____________________________________________________________
SENON MARCHA EN BUS ¿QUÉN O,-A RECOLLE? ______________________________


Bergondo 20 de febreiro de 2.014

No hay comentarios:

Publicar un comentario