viernes, 5 de julio de 2013

Banco de libros: Plan de intercambio


BANCO DE LIBROS. PLAN DE INTERCAMBIO

 

APA AS MARIÑAS
 

            A APA AS MARIÑAS promove, sen ánimo de lucro, para as familias da comunidade educativa do CPI Cruz do Sar, por segundo ano consecutivo, o proxecto de banco e intercambio de libros de texto usados neste curso escolar.

            Pretendemos que supoña un aforro ás familias nos numerosos gastos de setembro, fomentar a reciclaxe entre o alumnado deste Centro e valores, entre os nosos fillos, como son os de compartir, coidar materiais escolares, cooperación, a solidariedade, concienciación co coidado do medio ambiente na redución do gasto de papel ou inculcar o respecto polos libros, entre outros.


            Dende a APA facilitamos o intercambio dun xeito simple, a persoa que queira doar ou recibir libros de texto -gratuitamente- ten que poñerse en contacto coa xunta directiva da APA, pode ser no teléfono : 697 48 25 77 ou correo anpa.asmarinas@gmail.com ou no blog do APA. 

 

                        PRAZOS IMPORTANTES :


            .- A data de RECOLLIDA dos libros na oficina da APA finaliza o vindeiro venres 12 de xullo. Recolleranos en conserxaría do Centro, de forma que nos permita clasificar, revisalas condicións dos libros e preparar os lotes para entregar na semana seguinte. Avisaremos as familias, que estean anotadas previamente, por teléfono para vir a recollelos á oficina do APA no Colexio.
           
            .- Tamén se pode facer o intercambio entre as familias interesadas, nós poñerémolos en contacto e eles falarán directamente, o noso traballo só será buscar as familias que coincidan coa necesidade dos libros de texto do curso que solicitasen.

             No vindeiro ano continuaremos co banco de libros, para inscribirse será obrigatorio ser socio do APA durante o curso escolar.

 

            Atentamente,

 

            Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario