viernes, 14 de junio de 2013

Festa fin de curso:Os horarios de inicio de actuación de cada actividade

Remitimos os horarios de inicio de actuación de cada actividade.

Os de iudo, taekwondo e patinaxe deberán traer o traxe posto da casa.

Rógase ás familias, para facilitar a nosa organización, que cando cheguen ao pavillón deixen os participantes cos seus respetivos monitores, de xeito que éstes se fagan cargo dos que vaian entrando e así poder preparar cada actividade.

As 14.00 horas, unha vez rematen as exhibicións, poderán voltar coas familias de xeito que poidan empezar a desfrutar doutro xeito a festa de fin de curso.


Os participantes deberán estar no colexio no seguinte horario:

Iudo : as 11.30 no pavillón do Colexio (exhibición ás 12:15)

Taekwondo : as 12.00 no pavillón (exhibición ás 12:40)

Inglés lúdico : as 12.00 na entrada principal do Colexio, irán á aula de 1º B da ESO no edificio principal (exhibición ás 13:00)

Futbiño : as 12.00 no pavillón, pasarán aos vestiarios para poñer a equipación deportiva (exhibición ás 13:20)

Patinaxe : as 12.45 no pavillón, pasarán aos vestiarios (exhibición ás 13:45)


Estarán reservadas dúas gradas para os pequenos de xeito que unha vez estén totalmente equipados e preparados para cada actuación estén todos xuntos, cada grupo co seu monitor ou monitores.

Moitas grazas e traede moitas ganas de pasalo moi ben !!

Recibide un cordial saúdo das persoas que compoñemos a xunta directiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario