miércoles, 12 de diciembre de 2012


Estimadas familias  

                           A Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público de Galicia, convoca ao conxunto da comunidade educativa galega a expresar o noso rexeitamento á política de recortes na Educación e contra do anteproyecto da LOMCE, chamada lei Wert.

                           En Galicia, ademáis das concentracións diante dos centros educativos as 9.00 horas da mañán e durante cinco minutos, convócanse unha ducia de concentracións en cabeceiras de comarca e diante dos centros educativos públicos, referentes e históricos, na Coruña : IES EUSEBIO DA GUARDA. Santiago : IES ROSALÍA DE CASTRO e Ferrol : IES SOFÍA CASANOVA.

Esta xornada de mobilizacións celebrarase o mesmo día en toda España, o xoves día 13 do presente mes e ano. Dado a imposibilidade de concentrarnos diante do noso Colexio ás 9.00 horas, cinco minutos, igual que se fará en toda España, queremos pedirvos a vosa presenza na concentración diante do IES “Eusebio da Guarda”, na Praza de Pontevedra de A Coruña, o mesmo xoves día 13, ás 19.00 horas. Alí estaremos presentes o conxunto das comunidades educativas da nosa comarca.

Convidamos a nais e pais, xunto aos nosos fillos e fillas e ao Claustro do CPI Cruz do Sar e CRA de Bergondo a participar neste acto cívico, de compromiso coa nosa Escola e en defensa do Ensino Público, pola dignificación da función docente e polo presente e futuro da educación dos nosos fillos e fillas.

Adxuntamos o manifesto que foi aprobado na reunión en Santiago de Compostela polas organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público e acordaron por unanimidade que será leído nas concentracións convocadas ás 9.00 horas.

Recibide un cordial saúdo,

 
Xunta directiva APA AS MARIÑAS

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario