miércoles, 28 de marzo de 2012

Información Folga Xeral

Para o día 29 de marzo está convocada unha folga xeral, por este motivo o funcionamento do Centro estará condicionado pola ausencia ou non dos traballadores do mesmo (nestes momentos secundarán a folga máis da metade destes traballadores)
   Garántese que os servizos mínimos (unha persoa do equipo directivo, o conserxe e unha persoa de cociña) estarán no Centro, pero non podemos garantir que o transporte de entrada/saída (tamén servizo mínimo) funcione con normalidade.
   O horario de clases do Centro estará en función dos alumnos e dos profesores que se atopen no Centro, do mesmo xeito funcionará o comedor.
   Non funcionará o servizo de madrugadores nin as actividades extraescolares (non haberá autobús de actividades)
   O director,
   Asdo. Xosé A. Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario