jueves, 27 de octubre de 2011

Actividades extraescolares

Estimadas familias:

    Queremos confirmar os horarios das actividades extraescolares do presente curso escolar 2011 - 2012 que quedarán, salvo cambios imprevistos, do seguinte xeito:
 

              LUNS: IUDO, DEBUXO e PINTURA, horario 15:30 a 17:30, non hai buses
              MARTES: INFORMÁTICA e INGLES, horario 15:30 a 17:00, un grupo reducido, hai buses
              MÉCORES: IUDO E PATINAXE, horario 15:30 a 17:00, hai buses
              XOVES: INFORMÁTICA e INGLES, horario 15:30 a 17:00 un grupo reducido, hai buses
              VENRES: PISCINA en Sada, horario 15:30 saída do bus no cole e regreso para distribuir o rapaces nos domicilios. Os alumnos das unitarias irán cos pais.

    Non se puideron realizar por non ter un mínimo de cinco participantes: Axedrez, Baloncesto, Fúbol Sala,  Teatro, Tiro con arco, Baile moderno e Esgrima.

    Durante o presente mes si deciden anotarse máis rapaces poderían facerse a partir de novembro as actividades que formen grupo mínimo, caso de estar interesados en algunha das actividades que se citan, rogo nos deixedes os vosos datos no buzón do APA e nos poñeremos en contacto con vós.

    Pretendemos dar ás nosas actividades extraescolares unha alta calidade, por exempro fixemos en Iudo dous grupos con dous monitores, informática e ingles fixemos dous grupos: iniciación e perfeccionamento distribuidos en martes e xoves, o cal facilita o aprendizaxe.

    Estaremos polas tardes en horarios de 16:00 a 17:00 no local do colexio, queremos ter cos socios un diálogo constante, necesitamos saber as vosas opinións e faremos entre todos que a nosa APA sexa eficaz.

    A APA As Mariñas ten unha traxectoria de 30 ANOS e queremos, coa vosa axuda, seguir progresando favorablemente. Podedes axudarnos: como acompañantes nos buses ás 17:00 horas para distribuir aos rapaces nos domicilios, para estar no horario da tarde no despacho do colexio, actulizar o blog, contarnos os vosos problemiñas diarios nos colexios.....a facer unha apa útil.

    O vindeiro sábado día 15 iremos a Xunta Directiva á reunión de tódalas APAS de Galicia co Conselleiro de Educación Sr. Jesús Vázquez na Fundación Barrie de la Maza na Coruña, os que queirades asistir rogo vos poñades en contacto coa nosa APA a fin de acredirtar asistencia. Os que queiran que lle fagamos algunha pregunta podades deizala no buzón do APA e posteriormente vos informaremos das respostas. Tamén tenemos solicitada dende a Confederación á que pernecemos como APA, una reunión cos Equipos Directivos e coa Asociación de Directores a fin de saber como está a situación actual nos colexios e en concreto como nos está a afectar tamén no noso CPI e nos CRAs de Bergondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario