jueves, 11 de febrero de 2016

APA As Mariñas: Festa de Entroido

 Os membros de Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS queremos agradecer a participación tanto aos asistentes como ás persoas que fixeron posible a Festa de Entroido 2016, ao equipo directivo do Colexio, ás mestras e dirección do CRA e especialmente ao alumnado de 4º da ESO que estiveron toda a tarde amenizando os xogos que tiñan preparados para a festa e especialmente atentos a que tódolos xogos discorresen do mellor xeito

A novidade deste ano na organización e desenrolo da Festa, foi a participación activa do alumnado de 4º da ESO que, xunto coa colaboración da dirección do CPI e a APA, fixeron que a festa fose un éxito tanto en participación como na súa parte lúdico-festiva.

Transcorreu sen incidencias negativas de ningún tipo e conseguíuse o que se pretendía : que fose unha tarde na que tanto as familias como o alumnado do CPI e do CRA gozasen na primeira festa de Entroido deste Concello de Bergondo.

Grazas pola vosa presenza e colaboración aos máis de 200 pais /nais /avós /avoas que viñeron a recoller aos 275 alumnos e alumnas inscritos

Bo Entroido 2016!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario