domingo, 23 de octubre de 2016

Folga xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.


                                                       Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de AMPAs


CIRCULAR PARA AS ANPAS E AS FAMILIAS SOBRE A FOLGA EUCATIVA E BALEIRADO DE AULAS DO 26 DE OUTUBRO.

O vindeiro 26 de outubro convocamos unha folga xeral educativa contra as revalidas, contra a LOMCE e contra os recortes en educación que vimos sufrindo os últimos anos. Dita folga consistirá en baleirar as aulas de todos os centros educativos do país.

A convocatoria é conxunta cos nosos fillos e fillas, alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes impostos, atacando así o seu dereito á educación.

Presentáronse un bo número de recursos ante os tribunais; a nosa organización tamén os presentou xunto con CEAPA na AudIiencia Nacional, a quen solicitamos a suspensión cautelar do Real Decreto das reválidas publicado no BOE o 30 de xullo pasado. Estamos á espera do pronunciamento de dita instancia xudicial porque, de non se realizar a suspensión cautelar solicitada, as reválidas continuarán en vixencia e, chegada a data se non hai derrogación expresa terán que realizarse.

Algunhas Comunidades Autónomas xa anunciaron, ademáis de presentar recursos, que non farán as reválidas a final de curso. Iso, agás que se anulen legalmente, será imposible. As Administracións Educativas autonómicas están obrigadas á súa realización e, de seguir vixentes o día que se marque no calendario escolar, teranse que facer para non cometer posibles delictos polo incumprimento dunha norma de carácter básico.

Desde que se impuxo a LOMCE, asistimos tamén á aprobación reiterada de proposicións non de lei (PNL) e a resolucións que piden unha e outra vez a súa derrogación, a paralización do seu calendario e a eliminación das reválidas. Todo isto é moi importante para amosar que o rexeitamento da lei e específicamente das reválidas, é maioritario, mais carece de forza legal que poida obrigar ao Goberno a súa anulación.

Os pais e as nais non queremos, nin debemos, quedar cruzados de brazos pensando que serán outros os encargados de que as probas non se realicen, porque seguramente rematarán pedindo desculpas por non facer outra cousa que realizalas aínda que recalcando que “fixeron todo o posible por evitalo pero non teñen competencia para eliminalas”. Non podemos tampouco esperar a que os tribunais, agás que nos concedan a suspensión cautelar, anulen o Real Decreto de reválidas e as paralicen. Nin cabe esperar as actuacións dun Congreso que leva supeditado a un goberno en funcións cáse que un ano.

Debemos actuar e actuamos. Por iso convocamos a folga o día 26 de outubro e chamámosvos a secundala baleirando as aulas de todas as etapas do ensino. Defendamos os dereitos dos nosos fillos e fillas, sobre todo porque eles non poden defendelos agora debido á súa idade. De non facelo nós, preparade unha boa resposta cando vos digan: ¿e tí mentres que facías?

Sabemos que as familias que teñen fillos e fillas que aínda ven lonxe as reválidas pensarán que isto vai coas familias de quen máis perto as teñen. Non vos trabuquedes. Se só somos quen de movernos cando a ameaza cae directamente sobre nós, non poderemos esperar que os demáis nos axuden cando iso suceda. Ademáis, como a vida pasa máis rápido do que pensamos, axiña vos atoparedes na situación que hoxe vedes tan lonxana. Debemos actuar todos.

Folga xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.


lunes, 3 de octubre de 2016

NOTA INFORMATIVA URXENTE :

Rematado o prazo de inscripción para as actividades extraescolares deste curso, o resultado é o seguinte :
  
ACTIVIDADES PECHADAS (abrirase lista de espera):
  
.- ROBÓTICA

.- TEATRO

.- PISCINA (os dous grupos)

.- FÚTBOL SALA

.- XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA

.- BALONCESTO

.- PATINAXE (os tres grupos)

.- TAEKWONDO (os dous grupos)
  
Teremos aberto ate novo aviso as inscripcións nas seguintes actividades :

.- XADREZ

.- INGLÉS (dous grupos)

.- ATLETISMO

.- ESCOLA DE MÚSICA MODERNA BERGONDO (EMMBergondo)


Para máis información :

Mail :anpa.asmarinas@gmail.com

Teléfono: 981 79 41 67 / 606 75 87 49 

Facebook / Google+ : Apa As Mariñas

Tardes en oficina a partir das 16:00 h ate as 17:15 horas


Recordamos que este curso non cobramos en efectivo o importe das actividades.