viernes, 17 de junio de 2016

Banco de libros del APA "As Mariñas"


PARTICIPA NO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. BENEFÍCIASTE TÍ, BENEFICIÁMONOS TODOS !


Estimados/as alumnos e familias:

A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.

O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2016/2017 no CPI CRUZ do SAR e que estean en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.

Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de primaria. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas.

Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA, a excepción dos  alumnos de primaria (1º, 2º, 3º e 5º primaria non poden deixar libros) que só terán que ser socios e solicitar os libros.

Os alumnos podrán entregar os libros na oficina do APA os seguintes días:

-     Día 23 de xuño, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.

-     Día 27 de  xuño, dende as 11,00 h. ata as 13,00 h.

-     Día 8 de setembro, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.

-     Día 9 de setembro, dende as 11,00 h. ata as 13,00 h.

FESTA FIN DE CURSO 2.015-2.016

SÁBADO 18 DE XUÑO DE 2.016

 Horarios do inicio das exhibicións das actividades extraescolares :

12.30 h. TAEKWONDO

13.00 h. ATLETISMO

13.30 h. PATINAXE

17.00 h. FÚTBOL SALA

17.45 h. BALONCESTO

Como sabedes polo programa entregado no CPI e no CRA de Bergondo a todo o alumnado, este son os horarios previstos, que deberemos suspender en caso de choiva e mal tempo.

Están convocados 149 alumnos,-as deportistas no pavillón do CPI nos seguintes horarios :
 11.15 h. os grupos de taekwondo  (vestidos co dobok)
12.45 h. os grupos de atletismo  (chandal e calzado deportivo)
12.45 h. os grupos de patinaxe (virán co maillot, falda, mallas, fundas, patíns e pelo recollido en cola)
 16:45 h. os grupos de fútbol (chandal e calzado deportivo)
17:30 h. o grupo de baloncesto (chandal e calzado deportivo)
.- No pavillón cuberto do CPI estarán os taboeiros de xadrez para os expertos e principiantes que queiran visitar.
.- E a exposición de artes plásticas está ubicada no local social do edificio de A Senra.

 Calquer dúbida poñédesvos en contacto cos integrantes da xunta directiva da APA AS MARIÑAS ou teléfono 606758749

 Grazas a tódalas familias socias pola confianza posta nesta Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS.  Boa festa!!


lunes, 13 de junio de 2016

Axudas para la escolarización de menores do Concello de Bergondo 2016- 2017


Programa de préstamo de libros de texto del Concello de Bergondo.


Poderán acollerse os/as estudantes empadroados/as no Concello de Bergondo, que cursen os seus estudos no C.P.I Cruz de Sar.

O/s libro/s son propiedade do concello, deixándose aos/as alumnos/as durante o curso escolar. Será de aplicación nos seguintes cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e 1º,2º,3º e 4º de secundaria

Prazo de solicitude (na Casa de Cultura):
  • ·        Do 20 de xuño ao 1 de xullo.
  • ·     Do 9 ao 13  de setembro para os/as que, no prazo anterior, descoñecen se pasan de curso

No momento da solicitude será requisito imprescindible facer entrega do/s libro/s de préstamo que tedes, correspondentes ao actual curso escolar 2015/2016. Deberán ser entregados en perfectas condicións (sen forros, subliñados, anotacións, etc.).

Excepción: Os/as alumnos/as aos que lle quede a materia pendente para setembro, poderán quedar co/s libro/s, pero deben facelo constar no momento da solicitude e unha vez realizado o exame, deixalo na Casa da Cultura (o máis axiña posible e ata como máximo o 8 de setembro).

·        Cando saberemos o/s libro/s que se van entregar e polo tanto, non teremos que mercar. A partires do 26 de xullo.

Prazo de recollida do/s libro/s para o curso 2016-2017:
  • ·  Para os que soliciten no primeiro prazo: do 28 de xullo ao 12 de agosto  (entregaranse por orde de chegada de forma que, no caso de que se esgoten, poderán quedar pendentes de entrega ata o mes de setembro).
  • ·        Para os que soliciten en setembro: comunicarase no momento da solicitude. 
  • ·        Lugar de recollida: Casa da Cultura.
+ info Concello de Bergondo

Concello de Bergondo: Axudas xenéricas para el curso escolar 2016 / 2017: Afecta a 1º e 2º de primaria.

Programa de axudas xenéricas: Afecta a 1º e 2º de primaria.
A través deste programa, entrégase un libro, que pasa a ser propiedade do/a alumno/a (ao ser libros nos que se ten que escribir, non poden ser de préstamo). 

Prazo e lugar de solicitude: do 20 de xuño ao 1 de xullo de 9.00 a 14.30, na Casa da Cultura.
·        Cando saberemos o libro que se vai entregar e polo tanto, non teremos que mercar. A partires do 26 de xullo.

·        Prazo de recollida do libro para o curso 2016-2017:
Do 28 de xullo ao 12 de agosto (haberá que asinar o modelo de delegación de pago)

Lugar de recollida: Casa de Cultura.

+ info Concello de Bergondo



martes, 7 de junio de 2016

FESTA FIN DE CURSO E PECHE DAS ACTIVIDADES

Moi importante:
O día da festa os responsables dos menores serán os seus país/titores ou persoas nas que deleguen.
Entregar no CPI Cruz doSar ata o 10 de xuño folla solicitud vale para a comida.




AXUDAS DE LIBROS - MATERIAL remata o 23 de xuño.

Fondo solidario de libros de texto,  axudas para adquirir libros de texto e axudas para adquirir material escolar, remata o 23 de xuño.