miércoles, 23 de octubre de 2013

Xustificante non asistencia ao colexio o día da folga


XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO



D. /Dna. _______________________________________________________
pai/nai/titor-a do alumno/a
______________________________________________________ do grupo _____,
comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu
fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de
______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha
decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose
necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.

 



Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____

O/a pai/nai/titor-a


 

 



Asdo.: _________________
DNI: _________________

Á atención do Director/Directora do centro educativo

____________________________________________



Xustificante imprimir

Folga Xeral


lunes, 14 de octubre de 2013

A Domus organiza 10 obradoiros dentro do programa europeo KiiCS de actividades para mozos

A Domus organiza 10 obradoiros dentro do programa europeo KiiCS de actividades para mozos– O primeiro dos talleres, que tratou sobre programación con Processing para crear imaxes, animacións e interactivos, tivo lugar o pasado 26 de xuño.
– Os nove restantes 
sobre tecnoloxía, ciencia e arte realizaranse na Domus entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro. TODO SON GRATUÍTOS

Dentro do 
programa europeo KiiCS, no que colaboran os Museos Científicos Coruñeses, a Domus organiza 10 talleres gratuítos 
sobre tecnoloxía, ciencia e artedirixidos a mozos de entre 15 e 18 anos. O primeiro deles tivo lugar o pasado 26 de xuño, e os nove restantes realizaranse entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro na Domus. O programa de actividades é o seguinte:
Venres 25 outubro, 16.30-20.30: KiiCS-2 Deseñando videoxogos.

Luns 4 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-3 Descubrindo o tecnoarte.

Mércores 6 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-4 Explorando con realidade aumentada.

Martes 12 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-5 Creando robots.

Sábado 23 de novembro, 10.00-14.00: KiiCS-6 Interaccionando con arduino.

Mércores 27 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-7 Montando circuítos.

Luns 2 de decembro, 16.30-20.30: Fabricando con impresoras 3D.

Venres 27 de decembro, 16.30-20.30: KiiCS-9 Creando con… o voso taller favorito. Taller elixido polo público por votación vía web.

Venres 3 de xaneiro, 16.30-20.30: KiiCS-10 Creando con… o voso taller favorito. Taller elixido polo público por votación vía web.


Para inscribirse nos talleres é preciso enviar un correo electrónico, a partir das 9.00 do luns 14 de outubro, adomus@casaciencias.org . O escrito debe incluír nome do participante, os talleres nos que se quere inscribir, idade, teléfono e dirección de correo electrónico.

Ademais poderás participar 
no concurso KiiCS, e gañar unha viaxe para contar o teu proxecto nunha feira científica.