miércoles, 30 de enero de 2013

Xornadas de Seguridade Viaria: Consellos para circular en bicicleta

Uníuse e colaborou activamente o adiestrador do Club Ciclista de Betanzos D. Juan Mourón á iniciativa que se está a desenrolar ao longo desta semana no pavillón do colexio coas Xornadas de Educación viaria organizadas polos membros de Protección Civil de Bergondo. Unha visita moi oportuna a fin de potenciar e dinamizar este deporte, de xeito que mediante unha interesante charla no auditorio do edificio de A Senra na que utilizou para ampliar a súa exposición e facilitar o seguimento lúdico do alumnado, soporte informático e audiovisual, ademáis deu prácticos consellos e contestou ás dúbidas xurdidas. Estamos seguros que os rapaces e rapazas asistentes apreciaron as ventaxas do uso da bicicleta tanto para disfrute persoal, deportivo como para o medio ambiente e mellorar a nosa calidade de vida.
Queremos agradecer a súa presencia e animar aos que estedes interesados en coller a bicicleta cara á primavera a que vos poñades en contacto co clube ciclista da cidade de Betanzos no enderezo electrónico  ccbetanzos@ccbetanzos.com   ou coa APA AS MARIÑAS.