sábado, 26 de mayo de 2012

APA AS MARIÑAS da las gracias a todos los asistentes y colaboradores que han estado presentes en la conferencia-coloquio de D. Emilio Calatayud Pérez.

Para más información de D. Emilio Calatayud dispone de un blog, donde se pueden ver vídeos, sentencias, realizar consultas.....



jueves, 10 de mayo de 2012

Aparariciones en prensa:

O xuiz de menores de Granada, Emilio Calatayud, ofrece unha charla na Senra

A xornada está dirixida a orientar ás familias e aos docentes na educación dos adolescentes

REDACCIÓN / Bergondo

O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase no auditorio do edificio cultural da Senra unha xornada
na que o principal ponente será o xuiz de menores de Granada, Emilio Calatayud Pérez.
A conferencia está promovida pola Asociación de Equipos directivos da Provincia de A Coruña e
a APA As Mariñas do CPI Cruz do Sar de Bergondo, en colaboración co Concello de Bergondo e a
Federación Provincial de APAs de Centros Públicos de A Coruña.
O obxectivo é orientar ás familias e aos docentes na educación dos adolescentes: “entre todos
podemos contribuir co noso esforzo a que a relación triangular de adolescente, familia e escola,
obteña os froitos desexados á hora de desenvolver os valores que aplicarán ao longo da súa
vida laboral e persoal”, explicaron responsables da APA As Mariñas.
Para participar na xornada é preciso acreditarse confirmando a súa asistencia no correo electrónico
anpa.asmarinas@gmail.com ou na oficina da APA do Colexio Cruz do Sar, xa que non se permitirá
o acceso sen a acreditación previa dado o aforo do auditorio.


miércoles, 9 de mayo de 2012

NOVEDAD MUY INTERESANTE

Nuevas incorporaciones en Enlaces, en el apartado Enlaces Didácticos y Bibliotecas:

Traductor online en varios idiomas: Gallego, Castellano, Ingles, Francés, Alemán, Italiano.....

http://traductor.cervantes.es/

http://www.reverso.net/text_translation.aspx?lang=ES







martes, 8 de mayo de 2012

A APA AS MARIÑAS E A SÚA XESTIÓN (Exposición Escola de Nais e Pais 26/04/2012)
 
     A data de hoxe, no ano 2.012, dende a Xunta Directiva da mesma APA temos a certeza de que a mellora da calidade da ensinanza e do rendimento escolar do alumnado está directamente relacionado coa maior participación das familias na escola. A defensa do dereito dos pais dos alumnos de dito centro a que os seus fillos reciban en forma eficiente a debida ensinanza, .... “ ao noso entender, co papel fundamental das actividades e saídas
     Primeiramente é pedir e ofrecer calidade en tódalas actividades que facemos cos rapaces e as familias.
     Unha medida que tomamos para garantizala calidade é mediante a esixencia da titulación académica dos monitores necesaria en cada actividade, están informados da dinámica co colexio e da súa disciplina, e os membros de xunta directiva supervisamos periódicamente as actividades mantendo conversas cos distintos monitores e sabemos as necesidades e grao de satisfacción de cada neno e nena.

lunes, 7 de mayo de 2012

Conferencia


¿QUE É UNHA RELACIÓN TRIANGULAR?=ADOLESCENTE+FAMILIA+ESCOLA

     O vindeiro sábado día 26 de Maío celebrarase no auditorio do edificio Cultural da Senra, unha xornada na que o único ponente  será D. EMILIO CALATAYUD PÉREZ, xuiz de menores de Granada.


miércoles, 2 de mayo de 2012


Estimadas Familias:

Temos organizado para as mañás dos sábados día 5 e 12 de maio dúas viaxes lúdicos-educativas á CASA DO QUEIXO sita en Grixalba, Sobrado dos Monxes ( http://www.casadoqueixo.com/) .

A viaxe para os socios é gratuita e para os que non sexan socios deberán abonar 4 Euros para axudar a pagar o autobús.

1.- O sábado día 5 está reservado para as familias das ESCOLAS UNITARIAS, de xeito que poden ir os pais e os pequenos máis os irmáns. O horario de saída do autobús dende o Concello de Bergondo será puntual ás 9:00, para que poidamos facer tódalas actividades pola mañá. Deixaremos aos rapaces cos respectivos monitores e os adultos faremos unha "ruta turística" moi interesante. Poden levar o xantar ou se pode encargar o "menú  do día" (nenos 6 euros e adultos 8 euros), rogamos que nos digades as preferencias de cada familia para encargar o menú. A volta sería despóis do xantar.

2.- O sábado día 12 está reservado para o alumnado do CPI CRUZ DO SAR, non virán acompañados polas familias senón polos membros da nosa xunta directiva e voluntarios que se ofrezcan. A saída é dende o Concello ás 9:00 horas e regreso ás 15:00 aprox. Rogamos lles enviedes uns bocadillos e bebida para tomar antes voltar, xa que horario de actividades comenza ás 10:00 e remata ás 14:15 horas.

O prezo da granxa-escola ascende a 14 euros por alumno, inclúe catro talleres, - o queixo o comerán alí e pan é posible que chegue á casa, ¡se non o comen!-. Agardamos que sexa do voso agrado e interés.
Atentamente,


Imprimir
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxhbnBhYXNtYXJpbmFzfGd4OjU2ZTFjMDcwY2RmNzcwY2M&pli=1

AUTORIZACIÓN PARA SAÍDA EXTRAESCOLAR Á CASA DO QUEIXO

D./Dna.............................................................................................................
Nai/Pai do alumno,...........................................................................................
Curso...............................................................................................................
Teléfonos de contacto.......................................................................................
ALERXIAS.....................................................................................................

AUTORIZO ao meu fillo, - a viaxe organizada pola APA AS MARIÑAS na mañá do sábado día 12 de maio do ano en curso á granza-escola CASA DO QUEIXO.


Asdo............................................................................
Bergondo a.............a....................................................
Rógase se deposite esta autorización no buzón do APA ou na secretaría do CPI ,o correo anpa.asmarinas@gmail.com , antes do venres 4 de maio