viernes, 12 de junio de 2015

INFORMACIÓN FESTA FIN DE CURSO EN PREVISIÓN DE CHUVIA :


Caso que teñamos CHUVIEIRA o día da festa de fin de curso SÁBADO 13, terase que modificar todo o programa organizado, non se poderá xantar tranquilamente na zona do monte como outros anos, unha vez rematadas as actividades de taekwondo e patinaxe, recollerase o xantar cos respectivos tickets no comedor do CPI e xantaremos dentro do pavillón.

Suspenderánse as actividades de fútbol sala e baloncesto da tarde.

As 16.00 h abriranse as atraccións dentro do pavillón para que os rapaces e rapazas gocen da súa festa de fin de curso.


O obxectivo principal nesta festa é que o alumnado do CPI CRUZ DO SAR e do CRA DE BERGONDO veñan a pasalo ben e desfrutar dun día especialmente pensado para a diversión, choiva ou non!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario