martes, 10 de febrero de 2015

Entroido-2015

Chega o Entroido ao CPI CRUZ DO SAR en Bergondo e a súa tradicional festa de disfraces

      Organiza : APA AS MARIÑAS
     Lugar da festa : pavillón do Colexio
     Data : Venres 13 de febreiro
     Hora : Empeza ás 15:00 H remata as 17:15 H
      No remate : o alumnado marcha cun adulto,-a responsable (baixo a súa responsabilidade) ou nos autobuses das actividades extraescolares
      As actividades extraescolares suspéndense : teatro, atletismo e piscina (poderán ir os que queiran a piscina pero non haberá buses dende o colexio)
      Temática do disfrace deste ano :

    Cursos 1º e 2º de Educación Primaria : Labregos
      Cursos 3º e 4º de Educación Primaria : Pescadores
      Cursos 5º e 6º de Educación Primaria : Choqueiros

      O alumnado da ESO poderán sorprendernos cos seus disfraces!

      Os asistentes poderán inscribirse cubrindo os datos que solicitamos ao pé deste escrito ou por correo electrónico : anpa.asmarinas@gmail.com ou no noso blog. O PRAZO de inscripción remata o xoves 12 ás 12.00 H.

      Necesitamos saber cantos asistentes virán á festa para facilitar a organización do evento e para isto pregámosvos entreguedes cuberta a ficha ao pé deste escrito, pódese deixar na oficina do APA AS MARIÑAS ou en secretaría.

      BO ENTROIDO 2015

      XUNTA DIRECTIVA APA AS MARIÑAS
--------------------------------------------------------------------------------
      FICHA DATOS PARA ENTREGAR NA APA OU NO COLEXIO :

NOME DO ALUMNO,-A: _________________________________________________________
IDADE / CURSO : ____________________________________________________________
TELÉFONO : _________________________________________________________________
MARCHA EN BUS :  SI _________   NON _________  (marcar o que corresponda)
PARADA DE BUS : ____________________________________________________________
NON MARCHA EN BUS O,-A RECOLLE? D./Dna. ____________________________________ _________________________________________________(nai/pai/tutor/____________)


Bergondo 5 de febreiro de 2.015


Para ver o imprimir pinchar AQUÍ.

1 comentario:

  1. Veño de recibir una circular escrita nun papel timbrado da ANPA As Mariñas na que a Plataforma “Por un comedor y transporte escolar público y gratuito” NOS INVITA (cando non sei quen son eles para invitarme a una festa organizada por vós) a asistir á festa do Entroido do vindeiro venres día 13 de febrero.
    Gustaríame saber cal vai ser o papel desta plataforma na citada festa porque non quero apoiar coa miña presenza nin coa dos meus fillos ninguna acción que parta da devandita plataforma.
    Agardo a vosa resposta e anímovos a reflexionar sobre o voso posicionamento respecto a este tema. Se apoiades as reivindicacións da plataforma, ésta pode desaparecer e facer vós o seu labor e se non as apoiades non consintades que o voso papel timbrado sexa utilizado por eles para facernos chegar circulares (por certo sempre en castelán, incumprindo a lexislación vixente) que eu, particularmente, non quero recibir e así llo farei saber á dirección do centro. Moitas grazas.

    ResponderEliminar