APA AS MARIÑAS
CPI Cruz do Sar
Bergondo
NOVIDADE : DEFENSA PERSOAL para adultos
Convidamos ós
adultos que teñen aos fillos e fillas estudando no Colexio e no CRA de
Bergondo que queiran participar nun cursiño de defensa persoal impartido polo
equipo do Clube Natural Sport de Sada. Aprenderás autodefensa persoal sen armas, así
como exercicios para mellorar a túa saúde e manterte en boas condicións
físicas.
Será impartido por un equipo capacitado para respostar aos
requirimentos específicos de cada persoa inscrita.
Lugar : pavillón
do CPI Cruz do Sar (temos a dotación de material necesaria)
Día : dóus sábados de Abril
Importe actividade : gratuito
Se deberá aportar o
importe do seguro por participante (4 Euros). Como sabedes os nosos seguros
para as familias socias tanto o de RC como o de accidentes só
cubren aos menores que participan nas nosas actividades tanto semanais como nas
saídas que se fagan coa APA.
Os interesados teñen
que ser OBRIGATORIAMENTE socios do APA AS MARIÑAS. As familias que non sexan socias aínda
están a tempo (cuota por familia 10 Euros).
Para anotarse podedes poñervos
en contacto coa oficina do APA -estamos de luns a xoves en horario de act.
extraescolares-, o blog apaasmarinas.blogspot.com,
nos teléfonos : 981794167 (oficina APA no colexio), 697482577 (Mª
José) ou 663486449 (Juani)
Datos imprescindibles: Nome e
apelido, DNI, data de nacimento e teléfono de contacto. Fina prazo de inscripción
o mércores día 20.
Agardámosvos para
compartir esta emocionante iniciativa, garantizamos que serán
dúas
mañáns moi didácticas, lúdicas e desestresantes.
Atentamente,
Xunta D. APA AS MARIÑAS