No presente mes de Outubro comenzamos coas actividades extraescolares organizadas pola APA AS MARIÑAS, queremos agradecer a boa acollida que tiveron este ano que a
pesares da crisis que estamos a sufrir comenzamos con máis de oitenta alumnos pertencentes ao CPI Cruz do Sar e ás Escolas Unitarias no Concello e, agardamos, que se vaian interesando
máis familias.
Na
Asemblea Xeral Ordinaria do pasado xoves aprobaronse as contas do ano pasado e
unha vez explicada a situación actual e as medidas a
tomar no presente curso, acordouse baixar as cuotas tanto para facerse socio da
APA como para as cotas mensuais de cada actividade. Queremos axudar ás familias de xeito que sexamos un ente conciliador para as familias e
lúdico-educativo para os
pequenos, será :
COTA DE SOCIO por unidade familiar
: 10 Euros, mantemos o seguro de
accidentes e RC de cada socio tanto para actividades como saídas
extraescolares organizadas por esta APA.
E
a COTA MENSUAL por actividade : 10 Euros
Nos poñeremos en contacto coas familias que xa se fixeron socias no mes pasado
e se lles devolverán os cartos aportados de máis, agradecéndolles que manteñan a súa confianza, sen esquecer
que gracias a tódolos socios e membros de
Xuntas Diretivas que ao longo dos máis de
trinta cursos escolares anteriores foron fomentando e mantendo viva esta
Asociación.
O horario das actividades queda do seguinte
xeito, as que non se mencionan é resultado de non facer un mínimo de participantes adecuado á
actividade:
LUNS :
PINTURA E
DEBUXO : de 15.30 a 17.30 horas.
Impartirase nunha aula de debuxo do Colexio, non hai bus e se deberán vir recoller aos rapaces/as ao Colexio
IUDO: de
15.30 a 17.30 horas. Impartirase no ximnasio do edificio A Senra, as familias
deberán recoller aos participantes
por non haber autobús.
MARTES :
INFORMÁTICA : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase na aula de informática do Colexio.
FÚTBIÑO : de 15.30 a 17.00 horas.
Impartirase no pavillón do Colexio.
TAEKWONDO
: de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase no ximnasio do Edificio A Senra
ALOHA Mental Arithmetic : de 15.30 a 17.00 horas.
Impartirase en dúas aulas do Colexio.
Queda
pendente de comenzar Inglés lúdico cun mestre nativo.
MÉRCORES :
IUDO de 15.30
a 17.00 horas.
PATINAXE de 15.30 a 17.00. Impártese no pavillón do Colexio.
XOVES :
INFORMÁTICA de 15.30 A 17.00.
FÚTBIÑO de 15.30 a 17.00
TAEKWONDO de 15.30 a 17.00
ALOHA Mental Arithmetic de 15.30 a 17.00
Pendente comenzar inglés con mestre nativo
VENRES :
PISCINA (Sada) ás
15.50 saen en autobús dende o Colexio con dúas acompañantes do noso APA, estarán no auga dende as 16.15 ate as 17.00 horas, ás 17.15 sairá o bus para distribuir aos
pequenos nos respetivos domicilios.
Caso de ir
familias a levar ou recoller aos fillos deberán avisar ás dúas persoas do APA AS MARIÑAS que
os acompañan dende a saída do Colexio, a fin de manter a organización e control da actividade.
Este ano a cota para abonar esta actividade
de piscina será de 50 Euros inclúe o curso os meses de
outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio e abónanse no presente mes.
NOTA
ACLARATIVA : os martes, mércores e xoves saen dende o
Colexio dous autobuses facilitados polo Concello de Bergondo, no que se
repartirán aos seus domicilios aos
participantes que así o desexen, irán acompañados por dúas persoas da APA AS MARIÑAS que
se encargarán de deixalos nas paradas
cun adulto. As rutas de reparto as fai a empresa responsable xunto co equipo
diretivo do Colexio e poden variar das habituais escolares. Os que sexan
recollidos deberán avisar ao monitor
responsable da actividade e ao persoal da APA que se atopa nese momento no
Colexio antes de abandonar o recinto. Agradecemos a vosa colaboración para facilitarnos a organización e
evitar problemas.
Recibide
un cordial saúdo,
Asdo.
Xunta diretiva APA AS MARIÑAS